Fiesta del Vino de Barro
A Festa do Viño de Barro celébrase o terceiro fin de semana do mes de xuño, nun lugar céntrico coma é a praza de San Antoniño. O principal motivo desta festa é a exaltación dos viños que se producen nas terras do concello de Barro, reforzada cunha semana de actividades culturais
Servizos
- Baños públicos: Sí
- Actividades para niños: Sí
Características
Orixe e historia Nestas terras ribeiregas de Barro cultívanse as vides que máis tarde producen viños de calidade feitos con uva caíña e albariña. Por iso no ano 1980 comezouse a exaltar esta actividade coa Festa do Viño Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Na véspera da festividade celébranse catas previas dos viños presentados (branco, tinto e do país) nas que participan os colleiteiros. O domingo realízase a cata final, na que intervén un xurado experto. Os asistentes son convidados gratuitamente o domingo, día grande da festa, a sardiñas con pan de millo. O protagonista é o viño, que tamén se pode probar da bota xigante montada no centro da festa ou comprar a bo prezo, e degustar coa familia acompañado dunha boa ración de polbo. Ademais, durante a festa organízanse numerosos eventos deportivos e actuacións musicais- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Barro
Data celebración
- Data de: 14/06/2019
- Data ata: 16/06/2019
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí