Adegas Morgadío
Esta adega esta situada nunha zona rural a beiras do río Miño. En xullo de 1996 Adegas Morgadío, S. L. faise cargo da adega Morgadío cunha ampliación para poder elaborar a totalidade da uva que producen os propios viñedos, que desde a súa plantación foron aumentando paulatinamente en cantidade e sobre todo en calidade pola propia formación das cepas. Ademais, coas melloras en tecnoloxía para a elaboración do viño e un embotellado coidado tentan que as marcas Morgadío e Torre Fornelos se asenten como abandeiradas dos albariños de D. O. Rías Baixas.
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde
Características
- Abierto festivos: Sí
- Visitas: Sí
- Descrición do ámbito: Rural
- Denominación de Orixe Rías Baixas
Servizos
Descrición de equipamentos e outros servizos As instalacións da adega están equipadas con alta tecnoloxía para a elaboración, fermentación, maceración e embotellado do viño. A adega vende varios viños albariños coma o Morgadío albariño, Torre Fornelos albariño, Puerta Santa albariño, Cellarium albariño e Capricho Morgadío. Na páxina web da adega tamén se poden comprar para consumo propio ou agasallo uns estoxos de madeira con varias botellas. A adega realiza visitas guiadas soamente se hai un grupo grande de persoasAccesos
Descrición dos accesos O acceso máis cómodo para o visitante é coller desde a vila da Cañiza, na rúa Silleda, a estrada PO-9404 en dirección Crecente. O turista baixará un 14 km ata chegar a un cruzamento no que está a estrada PO-400 e enfronte a casa rural Hijos Dalgo. No cruzamento virará á dereita en dirección Arbo, seguirá uns 2-3 km e verá un desvío á dereita cun panel indicando Adegas Morgadío. Collerá ese desvío e seguirá uns metros onde deberá virar á esquerda na que hai outro panel indicando a adega e finalmente seguirá uns metros ata chegar a Adegas Morgadío. Outro acceso posible é ir desde A Cañiza pola PO- 9404 en dirección Crecente e ós 5-6 km en Vilar hai un cruzamento á dereita cun panel de sinalización indicando Albeos e Adegas Morgadío. O turista deberá virar á dereita e seguir uns 4-5 km ata chegar á adega. Pódese aparcar ó redor da adega Descrición da sinalización A sinalización é boa, xa que hai varios paneis de sinalización de cor negra indicando Adegas Morgadío tanto en Vilar, Crecente e Albeos coma no cruzamento da estrada PO-400- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí