Fiesta de la Lamprea del río Ulla
Avda. Eugenio EscuredoPontecesures (San Xulián)36640 PontecesuresPontevedraconcello@pontecesures.org
Festa gastronómica na que se exalta a lamprea do río Ulla. Celébrase entre finais de marzo e principios de abril, coincidindo coa romaría do domingo de San Lázaro. A festa celébrase tanto na carpa gastronómica instalada na chaira portuaria, situada a beiras dos peirós do río Ulla, como en bares e restaurantes do centro urbano. Tradicionalmente a lamprea prepárase con salsa bordelesa e acompañada de arroz con picatostes, ou tamén en empanada
Servizos
Actividades
- Actividad: para niños
Características
Curiosidades Para a captura da lamprea utilízanse as pesqueiras ou pescos (construcións en forma de paralelepípedos construídas de pedra que penetran na canle fluvial desde as dúas ribeiras), das que se fala xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas remóntanse á época romana. En Pontecesures a lamprea coñecida popularmente como A dama do Ulla é capturada polos valeiros (pescadores de Pontecesures) que utilizan o butrón, unha nasa ou rede de forma cilíndrica que se coloca no fondo do río esperando a presa. Ademais da de Pontecesures, en Galicia celébranse varias festas gastronómicas dedicadas á lamprea, sendo a máis antiga e famosa de España a de Arbo no Baixo Miño Orixe e historia Organízase desde o ano 1996- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Pontecesures
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí