Monasterio de San Salvador de Lérez
C/ Porta do Sol, 31Lérez (San Salvador)36156 PontevedraPontevedra
Trátase dun antigo mosteiro benedictino con elementos barrocos e neoclásicos do que se teñen noticias desde finais do século IX, a pesar de que non se coñece a data exacta da súa creación. Como a maioría dos mosteiros, reformouse e ampliou en distintos momentos e da súa construción inicial consérvanse a escaleira, o patio e parte do claustro. A mediados do s. XVII ampliouse, ó crear o Colexio de Artes e Filosofía, xa que se construíron aulas e dormitorios para todos os alumnos.
Foi no s. XIX cando os monxes recibiron a orde de abandonar o mosteiro debido á Lei de Mendizábal, o que provocou o roubo de material valioso da biblioteca e do arquivo, e tamén obxectos litúrxicos e mobles. A súa igrexa é neoclásica con fachada barroca do s. XVIII, e nela pódese observar a imaxe de san Benito, considerado o santo máis milagroso. En honra a el, cada 11 de xullo celébrase unha das festas máis coñecidas da parroquia, San Benitiño de Lérez, á que acoden todos os devotos coa intención de curar algún ma, sobre todo, as verrugas. Desta antiga igrexa do s.X tan só consérvase unha inscrición gótica na que se nomean os santos en cuxo honra foi levantada

Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Organismo responsable Diocese de Santiago de Compostela- Descrición do ámbito: Rural
- En uso: Sí
- Estilo Arquitectónico: Barroco
- Tipología: Convento/mosteiro
- Propiedad: Privada
- Interés Paisajístico: Moderado
- Cronoloxía: S. IX-X
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC