Museo de Pontevedra - edificio García Flórez
Gran casa señorial urbana de finais do século XVIII erguida por Antonio García Estévez e a súa muller Tomasa Suárez Flórez, a partires de outro pazo anterior de menores dimensións.
Posúe un pórtico de soportais de tres arcos con robustas columnas na súa fachada fronteira, con decoración circundante no primeiro piso e dous no segundo, que dan a senllos balcóns que se dobran cara ás fachadas oriental e occidental, e que flanquean o grandioso escudo.
No interior podemos atopar mostras de azabaches, gravados, louza de Sargadelos, escultura relixiosa, unha cociña tradicional galega e así como o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia
Características
- Estilo Arquitectónico: Barroco
- Descrición do ámbito: Urbano
- Propiedad: Pública
- Interés Paisajístico: Elevado
- En uso: Sí
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC
Servizos
- Punto de información: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Inglés, Francés, Castellano, Galego
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde