Calvario de la iglesia de Barbudo
BarbudoCastro Barbudo (Santa María)Ponte CaldelasPontevedra
O conxunto do tres cruces aséntase nun recinto rectangular pechado por unha varandilla de ferro. o piso, de pedra, salva o desnivel do terreo por medio de dous banzos na parte dianteira e un pola de atrás.
O pousadoiro, moi parecedo a unha mesa de altar, presenta un fermoso frontal de sinuosas molduras e adornado cunha placa en círculo no centro.
O pedestal da cruz central descansa nunha plataforma cadrada, con resto de ferro nas esquians e manchas do mesmo metal nas pedras do chan, suponse que doutra varandilla anterior.
En cada unha das caras, pechadas nun círculo, atopamos as seguintes inscricións:
No frontal: "FÍXOSE SENDO ABAD D. MANUEL MARTINEZ E "
Na parte decrecha: "ADMINISTRA DOR JOSE Mª GARRIDO
Na esquerda: "O MESTRE MANUEL GONZALEZ"
E na cara posterior lese a data "AÑO DE 1883"
O varal é de base cadrada ata unha altura dun metro, cun refundido como ornamentación das caras. A partir desta altura, o fuste convértese en octogonal nun treito doutro metro. As caras do octógono debuxan no seu final un triangulo, o tramo final que é cilíndrico e estréitase lixeiramente no extremo.
A media altura, a columna ensina na fronte a figura de San José, e na parte de atrás a imaxe de San Juan Bautista, ambas repousan en peanas.
A cruz, cilíndrica e con cartela de INRI, ten na súa fronte a imaxe de Cristo, con coroa de espiñas e ben recortada a barba. Un anxo, situado á dereita da imaxe, recolle nun cáliz o sangue que deixa a ferida do costado. Na parte posterior da cruz represéntase á Virxe do Rosario, coroada, con manto; na man dereita leva un rosario, mentres que na esquerda suxeita ao Niño Jesús, que á súa vez sostén no colo unha cruz.
As dúas cruces laterais asíntanse en pedestais lixeiramente máis pequenos e situados nun plano máis baixo que o central, tendo o da dereita a inscrición de : "DIMAS O BO LADRON". E o da esquerda: "GIESTAS O MAL LADRON"
Servizos
- Comedor / Restaurante: Sí
- Tienda: Sí
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Rural
- Cronoloxía: Século XIX
- Propiedad: Pública
- Interés Paisajístico: Elevado