Históricos "pendellos" e un saboroso galo de curral

Agolada - Vila de Cruces: goza de fermosas panorámicas, gastronomía tradicional e un bosque de sobreiras centenarias
 

Mirador do Monte Farelo

09:30

No centro de Galicia e na cima do monte Farelo atópase este miradoiro. É o punto máis alto da comarca, o que nos permitirá observar parcialmente as catro provincias nunha panorámica espectacular de 360 graos.

Pendellos de Agolada

11:30

Na vila de Agolada érguese un recinto feiral de finais do século XVIII composto por construcións de pedra tradicionais ou pendellos, que eran utilizados polas e polos comerciantes os días de feira. Aquí ten lugar a Feira de Artesanía de Galicia, que non debes perder.

Galo de Vila de Cruces

13:00

En terras dezás e, por suposto, no municipio de Vila de Cruces tes que degustar o seu famoso galo de curral, un animal que se cría ao aire libre e que se alimenta de cereais. O mellor é maridalo cun viño da D. O. Rías Baixas da zona de Ribeira do Ulla.

Monasterio de Camanzo

16:00

O cenobio foi fundado polos condes de Deza na primeira metade do século X, aínda que os restos conservados datan da segunda metade do século XII. Na ábsida central obsérvanse uns interesantes frescos do século XVI, que se descubriron hai uns anos tras retirar un retablo barroco que os ocultaba.

Sobreiral do Arnego

18:00

Finaliza a xornada respirando aire fresco e relaxándote en compañía do rumor da auga nun monumento natural. Este ecosistema, incluído na Rede Natura, caracterízase polo seu gran valor ecolóxico. Neste lugar poderás camiñar entre sobreiras centenarias.