Pazo de Oca
9:30 h
Empeza o teu día na Estrada cun fantástico paseo polo pazo de Oca, tamén coñecido como o versalles galego. Os seus xardíns son todo un paraíso botánico no que florecen as camelias durante a estación fría e onde conviven outras especies nun contorno rodeado por carballos, tileiros, castiñeiros, nogueiras e bidueiros. Os seus estanques simbolizan a virtude e a vaidade.