Mirador da Siradella
9:00
9:00
11:00
Desde A Siradella ponte en marcha e diríxete á singular localidade de San Vicente, imbúete do seu aire mariñeiro e sigue rumbo ao norte para gozar dun paseo polos fermosos areais ou darte un baño. Poderás divisar as illas do parque nacional no horizonte. Continúa ata o xacemento de Adro Vello, un lugar máxico e cunha grande historia que te fascinará.
13:30
É hora de repoñer forzas. A península grovense posúe unha ampla variedade de produtos do mar, motivo polo cal é coñecida como a capital do marisco nas Rías Baixas. Nesta localidade atoparás numerosos restaurantes con vistas ao mar, entre eles un Estrela Michelin e un Sol Repsol. Fame de experiencias?
16:00
Unha comida deliciosa pide un paseo á beira do mar, xa sexa por esta mesma localidade ou pola illa da Toxa, un coñecido centro termal con fermosas paisaxes e unha característica ermida de cunchas. Para coñecer a vida no fondo das rías visita despois o acuario do Grove. E para completar engade o museo da pesca e da salgadura, onde aprenderás máis sobre a relación entre o ser humano e o mar.
18:00