Isla de Areoso

Rema cara ao paraíso de Areoso

Goza dunha travesía en kaiak a esta pequena e idílica illa con area fina e augas cristalinas na ría de Arousa e pasa unhas horas lonxe do mundanal ruído

 

Areoso é un tesouro natural no medio das tranquilas augas da ría de Arousa, onde o contacto coa auga salgada e o son da natureza che farán pasar unhas horas desconectando do mundo en terra.

Se che apetece navegar cara a un lugar paradisíaco, aquí tes a ocasión perfecta. Nas Rías Baixas poderás subir a un kayak en solitario ou en grupo e descubrir paraxes impresionantes dunha forma diferente e divertida.

non deixes de ver...

  • Praia de Areoso
  • Mergullo nos fondos
  • Vistas de A Illa de Arousa
  • Parque natural do Carreirón
Kayak en Areoso

Da primavera ao outono sempre elixirás un bo momento para aprender ou mellorar en remo con algunha das moitas empresas especializadas que operan na provincia de Pontevedra e que poñen á túa disposición monitoras e monitores con experiencia capaces de guiarte cara a un illote espectacular, descoñecido e pouco transitado fóra da tempada alta. 

Trátase dun dos lugares máis especiais da provincia e poderás vivilo na súa máxima expresión

Esta tranquilidade fará que sexa unha travesía especial e imprescindible na túa viaxe á provincia de Pontevedra.

Isla de Areoso

Estas pequenas embarcacións son un transporte perfecto para descubrir a ría de Arousa dunha forma diferente, deixándote levar pola natureza e gozando da paz e a calma que ofrece o mar neste punto a quen nos visita. Se tes sorte, ademais, poderías recibir a visita dos pequenos arroaces que cruzan as nosas rías.

Para chegar a este espazo protexido existen varias alternativas. Dispoñes de rutas en kayak para coñecer os diversos puntos de interese no contorno da Illa de Arousa, como o Parque Natural do Carreirón, as calas menos coñecidas e as zonas de marisqueo. Poderás realizar a ruta ao teu ritmo, sen ruído nin molestias, e aportarache sensacións que non se poden explicar. Visitar Areoso, un dos lugares máis especiais da provincia de Pontevedra, é vivir As Rías Baixas na súa máxima expresión.

 

Playa Isla de Areoso

Xacemento arqueolóxico

Alén da súa beleza e das impresionantes vistas que ofrece sobre as vilas costeiras de Arousa e as bateas, Areoso é unha potencia a nivel arqueolóxico. As escavacións realizadas sacaron á luz un dos xacementos máis importantes de Galicia. A illa deixou ao descuberto un total de cinco monumentos megalíticos e cinco estruturas de caixas realizadas con pedra. Hai indicios de ocupación durante a Idade de Bronce e o Neolítico.