As illas Ons son para moitos as máis "piratas" de Galicia, un lugar paradisíaco con moita maxia e encanto
Tamén che propoñemos percorrer a ruta do faro: partindo do barrio de Curro, onde se sitúan todos os servizos dispoñibles na illa, atopamos, ademais da igrexa, os tres restaurantes onde se pode gozar da gastronomía, os manxares e os viños da zona.
Pasaremos polo barrio mariñeiro de Caño, desde o que podemos apreciar unhas excelentes vistas e contemplar o cemiterio e a antiga igrexa. Proseguiremos a nosa ruta a través do piñeiral de Chan de Pólvora, onde se atopa a zona de acampada, ascendendo cara ó barrio de Cucorno, situado a 128 metros sobre o nivel do mar (máxima altitude da illa) e onde se sitúa o faro, ó que non está permitida o entrada pero desde o que se pode gozar dunha preciosa panorámica da costa (desde o monte Louro, na ría de Muros, polo norte, ata cabo Silleiro polo sur).