Fiestas en Rías Baixas
Buscador
Buscador
E ti, como viaxas?

Esta Navidad saborea As Rías Baixas

Cinco experiencias enogastronómicas para regalar estas fiestas

Este Nadal saborea As Rías Baixas

Que mellor regalo este Nadal que un bocado das Rías Baixas? Suxerímosche cinco experiencias para que a túa parella, familia, amigas e amigos degusten unha gastronomía de fama internacional coas e cos mellores xefes de cociña; proben os saborosos produtos dos mercados, visitar as adegas da Ruta do Viño e os lagares de sidra, e vivan en primeira persoa como as produtoras e produtores locais extraen do mar e a terra unha materia prima de excelencia.

Sacia a fame de experiencias dos teus nestas festas! Anota estas propostas, fai a túa compra ou reserva e regala o sabor xenuíno das Rías Baixas.

 

BUSCA ESTRELAS NOS FOGÓNS

Quen non goza dunha comida ou cea coa materia prima da máis alta calidade, cociñada por grandes chefs? Nas Rías Baixas tes unha ampla oferta de gastronomía tradicional e de vangarda para regalárllela aos teus. Unha viaxe polos sabores da provincia de Pontevedra inclúe sen ningunha dúbida unha ou varias paradas nos restaurantes pertencentes ao Grupo Nove, que acolle as actuais estrelas Michelín e moitos futuros premiados. Podes reservar mesa no Culler de Pau (O Grove), Casa Solla (Poio), Maruja Limón (Vigo), Pepe Vieira (Poio) e Yayo Daporta (Cambados), todos eles con estrela Michelín. E tamén é unha grande experiencia gastronómica a visita ao restaurante Silabario (Vigo), Pandemonium (Cambados), Eirado da Leña (Pontevedra) ou Viñoteca Bagos (Pontevedra).
Podes solicitar un bono gastronómico na web do Grupo Nove ou nos propios restaurantes. Agora só falta gozar del!

Ligazóns:

 

ENOTURISMO EN AS RÍAS BAIXAS

As Rías Baixas es una región privilegiada para el cultivo de la vid. Su clima suave, su orografía irregular y sus suelos arenosos dan como resultado unos vinos de excelente calidad que están dando la vuelta al mundo. Los viñedos de la Denominación de Origen crecen rodeados de patrimonio y rutas de senderismo o se descuelgan en impresionantes pendientes a la orilla del mar, expuestos a los vientos atlánticos. Si tienes en casa o entre tus amistades a una o un enamorado del albariño, tu regalo es la Ruta del Vino Rías Baixas. Incluye catas y degustaciones, visitas a las viñas y acceso a bodegas históricas. Puedes elegir también restaurantes y hoteles situados en las cinco zonas de producción de la uva albariña. ¡Acertarás seguro! 
 

 

VIÑOS E TAPAS NOS MERCADOS E PRAZAS DE ABASTOS

É un pracer para os sentidos camiñar polos centros históricos das nosas vilas e barrios mariñeiros, e agora esta experiencia pode completarse cunha deliciosa visita aos seus mercados e prazas, aínda máis exuberantes nesta época do ano. Podemos encher a nosa cesta con produtos locais e con selo de calidade, coma patacas, pementos e outras verduras da nosa horta, mexillóns e mariscos de tempada, tenreira, queixos ou viños certificados. Por se non fose suficiente, a recente incorporación de gastromercados permítenos comprar nos postos de toda a vida e que logo nos cociñen o produto no momento. Que mellor que organizar aquí as nosas comidas e ceas con familia e amigos este Nadal? Éxito garantido e compromiso coa sustentabilidade.

MERCADO OU PRAZA

ENDEREZO

WEB/REDES SOCIALES

Mercado de A Guarda

Calle Concepción Arenal, 43, 36780 A Guarda

Mercado de Abastos de Lalín

Calle Rosalía de Castro, 20, 36500 Lalín

Mercado de Baiona

Calle Carabela la Pinta, 11, 36300 Baiona

Mercado de O Berbés en Vigo

Calle Teófilo Llorente, 20, 36202 Vigo

, ,

Mercado de O Calvario en Vigo

Calle Urzáiz, 183, 36205 Vigo

,

Mercado de O Progreso en Vigo

Calle del Progreso, 28, 36202 Vigo

Progreso 41 Urban Market (, , , ), Mercado (, , , )

Mercado municipal de Tomiño

Plaza de O Seixo, s/n, 36740 Tomiño

 

,

Novo Mercado de A Estrada

Calle Waldo Álvarez Insúa, s/n, 36680 A Estrada

 

, ,

Plaza de abastos de Cangas

Paseo de Castelao, 4, 36940 Cangas do Morrazo

 

Plaza de abastos de Bueu

Calle de Montero Ríos, 107, 36930 Bueu

 

Plaza de abastos de Cambados

Avenida de Galicia, s/n, 36630 Cambados

 

Plaza de abastos de Moaña

Calle Arenal, s/n, 36950 Moaña

Plaza de abastos de Pontevedra

Avenida Buenos Aires, s/n, 36002 Pontevedra

 

, O Mercado (, )

Plaza de abastos de Portonovo

Carretera de A Lanzada, s/n, 36970 Portonovo

 

,

Plaza de abastos de Vilanova de Arousa

Avenida González Besada, s/n, 36620 Vilanova de Arousa

 

Plaza de abastos de O Grove

Avenida Irmáns Otero Goday, s/n, 36980 O Grove

 

 

SER MARISCADORA POR UNHAS HORAS

Queres mariscar nalgunha das nosas rías? Na provincia de Pontevedra xa hai asociacións e empresas que ofrecen cursos prácticos de marisqueo e visitas para grupos a enclaves únicos coma a illa de Cortegada ou aos portos e lonxas para coñecer onde remata a excelente materia prima das nosas rías. Realizaremos unha ruta con guías profesionais para aprender a extraer as ameixas, a coñecer as técnicas para localizar o bivalvo enterrado ou a saber como distinguilos. Podemos completar o traballo de campo cunha vibrante experiencia na poxa da lonxa, sempre rica en cheiros e sons, pois cando as poxas non son electrónicas fanse a viva voz. Se queres vivir ou regalar esta experiencia debes contactar coas firmas especializadas.

Ligazóns:

 

ESCANCIA A MELLOR SIDRA

Na Estrada, unha zona espectacular de campos e bosques, o reloxo semella deterse. É aquí onde atoparás varias casas antigas que se converteron en lagares de sidra. Poderás realizar unha pequena ruta entre maceiras e degustar posteriormente esta bebida. A antiga industria local rexurdiu con forza nesta comarca do norte da provincia de Pontevedra; as produtoras e produtores locais de sidra fixeron un intenso labor para revitalizar esta actividade tradicional entre os verdes vales e fermosas ribeiras dos ríos Ulla, Umia e Liñares.

Ligazóns:

 

Es c a ncia a mel l or sid r a De mer ca d o en me r ca d o O mun d o d o viño E s t r el a s nos fogó n s Maris ca d o r a por unh a s ho r a s