Fiestas en Rías Baixas

Rías Baixas: "É o teu momento"

Conecta coa natureza de Pontevedra Provincia, vive experiencias e garda grandes recordos

Deixa atrás o innecesario e prepara as maletas. Rías Baixas-Pontevedra Provincia quere ser a túa segunda casa para que este ano veñas descansar, conectar coa natureza, saborear a nosa gastronomía de excelencia e gozar de experiencias únicas grazas a un sector turístico responsable e comprometido coa seguridade.

Escoita o que Wöyza, unha das nosas grandes artistas, ten que contarche neste vídeo. Observa, mira, atrapa e garda. Abre os ollos e sinte o vento. Escala montañas, corre polas praias e canta. Non esperes máis para viaxar a Rías Baixas.

.

É o teu momento

Os momentos do sector

Tras un 2020 moi complicado, a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas quixeron poñerlle rostro a toda a cadea de valor do sector turístico coa colaboración de Miguel de la Cierva, xerente do Náutico de San Vicente (no Grove), e Ana Vázquez, xerente de Alecrín Turismo de Natureza, como voces das empresas que lle proporcionan eses momentos irrepetibles a quen nos visitan.

Música con sabor ás Rías Baixas

Woÿza comparte un momento especial cunha espléndida paisaxe de fondo, a ría de Vigo. Goza desta inspiradora sesión lixeira da artista, acompañada por Antonio Casado á guitarra. Sentirás a maxia de Rías Baixas.

#momentosRíasBaixas

Milleiros de persoas xa compartiron os seus #momentosRíasBaixas nas nosas redes sociais. Aquí tes algúns deles. Prepárate para vivir grandes experiencias en Rías Baixas-Pontevedra Provincia e crear novos recordos.