Patrimonio Arquelógico
Buscador

Denominacións de orixe

Albariño

1. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA RÍAS BAIXAS

Na Denominación de Orixe Protexida (D. O. P.) Rías Baixas conviven tradicionalmente variedades brancas e tintas; pero son as brancas as que teñen maior peso e, entre elas, a que achega un carácter específico a esta zona vitivinícola é fundamentalmente a variedade Albariño.

Zona xeográfica

  1. Val do Salnés: Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa , Barro, O Grove e A Illa de Arousa.
  2. Condado do Tea: Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas, A Cañiza (parroquia de Valeixe ), Tui (parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui) e Mos (parroquia de Louredo).
  3. O Rosal : O Rosal, Tomiño e A Guarda, Tui (parroquias de Pexegueiro, Areas, Malvás, Ribadelouro, Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Tui) e Gondomar (Mañufe e Vilaza)
  4. Soutomaior: municipio de Soutomaior.
  5. Ribeira do Ulla: na provincia de Pontevedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.
 

2. DENOMINACIÓN DE ORIXE MEXILLÓN DE GALICIA

Mejillón de Galicia

A D. O. P. Mexillón de Galicia ampara os mexillóns que realmente proceden das rías galegas e certifica que están cultivados segundo a forma tradicional e natural destas rías, baseada nunha relación respectuosa co medio.

Zona xeográfica

A súa zona de cultivo é o espazo marítimo interior das rías galegas das provincias da Coruña e Pontevedra, habilitadas para o cultivo de mexillón en batea; está constituída polas seguintes zonas: Ría de Ares-Sada, Ría de Muros-Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.

 

3. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA PEMENTO DE HERBÓN

Mejillón de Galicia

Os pementos amparados pola D. O. P. Pemento de Herbón son os froitos da especie Capsicum annuun, L, procedentes dos ecotipos locais da variedade "Padrón”.

Zona xeográfica

A área de produción do produto amparado pola D. O. P. abarca os seguintes termos municipais:

  • Na provincia de Pontevedra: Pontecesures e Valga.
  • Na provincia da Coruña: Padrón, Dodro e Rois.
 

4. DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO DE TETILLA

Mejillón de Galicia

O queixo de tetilla caracterízase por un cheiro e un sabor suave e unha textura cremosa, ademais de diferenciarse pola súa forma cónica. O produto obtense do leite de vacas de razas frisona, pardo alpina e rubia galega, así como dos seus cruces.

Zona xeográfica

Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo de tetilla comprenden todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na provincia de Pontevedra: Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada , Vilagarcía de Arousa e Cuntis.

 

5. DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO ARZÚA-ULLOA

O queixo Arzúa-Ulloa ten un sabor lixeiramente salgado, cun punto de acidez. A medida que madura gaña aroma a manteiga e matices de vainilla, nata e noces. Prodúcese a partir do leite de vacas frisona, pardo alpina, rubia galega e os seus cruces. Existen variedades do queixo “de granxa” e “curado”.

Zona xeográfica

A zona de produción de leite e de elaboración dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa está constituída pola área xeográfica dos seguintes termos municipais:

  • Provincia de Pontevedra: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada. A estes hai que sumarlle 16 municipios da provincia da Coruña e 9 da de Lugo.