Xornadas informativas do Plan de Calidade do Sicted
Turismo Rías Baixas comprácese en trasladarlle a invitación á presentación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas, que terá lugar entre o 15 de febreiro e o 1 de marzo en sete concellos da provincia de Pontevedra.
O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.
Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.
A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora desa competitividade nas entidades do sector turístico, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua.
Para asistir ás presentacións é preciso cubrir e enviar o formulario que aparece máis abaixo. A asistencia será presencial ata completar as prazas en todas as convocatorias, e na cita de Pontevedra poderá seguirse tamén 'on line' a través da ferramenta Zoom. O modo de asistencia especificarase no formulario.
Por todo iso, animámoslle a que coñeza e participe nesta iniciativa e confiamos en que poida ser proveitoso para o seu negocio.
Vigo (15 de febreiro)
Lugar: sede da Deputación en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17).
Hora: 11.00h.
Modalidade: Presencial.
Pontevedra (15 de febreiro)
Lugar: Palacete das Mendoza (Praza de Santa María s/n).
Hora: 16.30h.
Modalidade: Presencial e telemática.
NOTAS IMPORTANTES PARA A ASISTENCIA ON LINE EN DIRECTO:
1.- A reunión celebrarase de modo telemático empregando a plataforma zoom. O enlace á reunión enviarase unha vez confirmada a participación.
2.- Para asegurarnos dunha correcta organización e conexión de tódolos participantes, deberase ingresar na reunión con quince minutos de antelación.
3.- É imprescindible identificarse únicamente co nome da empresa, seguido da persoa participante, isto é: “empresa-nome participante”.
4.- Cada participante, por defecto, terá o micrófono silenciado ao entrar á sala, se desexa facer algunha pregunta, deberá enviar unha mensaxe privada ó moderador da Deputación de Pontevedra, que terá o nome de “Deputación Pontevedra – chat”
5.- Cando dispoña da quenda de palabra, agarde a que se lle active o micrófono para comezar a falar, nunca antes.
6.- Para calquera outra dúbida ao respecto, por favor contacten co centro de atención ás persoas usuarias da Deputación (886210210).
O Grove (16 de febreiro)
Lugar: se.
Hora: 11.00h.
Modalidade: Presencial.
Vilagarcía (16 de febreiro)
Lugar: s).
Hora: 16.30h.
Modalidade: Presencial.
Redondela (28 de febreiro)
Lugar: s).
Hora: 11.00h.
Modalidade: Presencial.
Nigrán (28 de febreiro)
Lugar: s).
Hora: 16.30h.
Modalidade: Presencial.
Poio (1 de marzo)
Lugar: s).
Hora: 11.00h.
Modalidade: Presencial.