Torre de Guimarei
A TorreGuimarei (San Xiao)36681 A EstradaPontevedra
Trátase dunha torre do s. XII, de planta cadrada que constitúe o último resto dun castelo medieval destruído polos ataques irmandiños no s.XV, como a maioría dos castelos medievais en Galicia.
La Torre de Guimarei considérase a conxunto torre - pazo máis representativo da Estrada.
A súa altura rolda os 15 m e os seus muros son grosos. Ten aspilleiras en ambos os lados e na parte superior de cada ángulo a figura dun canón en pedra saínte, a modo de gárgola. Construída con bos sillares que conforman anchos muros, propios dunha construción defensiva medieval.
Encostado á Torre de Guimarei atópanse os restos do Pazo de Guimarei construído no século XVII, e o seu primeiro morador foi o Señor do Villar de Payo Muñíz, Antonio de Mosquera Nóvoa (1589), fillo de Alonso Vázquez Valcárcel e Señora de la Granja de Nogueroa, Luisa de Novoa Ulloa.
As dimensións do pazo alcanzan os 34 metros de lonxitude, no que aínda se conservan as dependencias interiores como a cociña, habitacións e outros espazos.
Sobre a porta principal do pazo atópase un escudo onde ven dúas inscricións que din "Villar" e baixo o frontón circular un escudo ben labrado coas armas dos Villar, Sarmiento, Mosquera e Aranda.
Este escudo de armas relaciónase con Luis Francisco Mosquera, Villar e Aranda, terceiro Marqués de Aranda de Quintanilla e terceiro de Guimarey, Caballero de la Real e Distinguida Orde de Carlos III e membro do Consello Real e Supremo de Indias (s.XVIII)

Características
- Propiedad: Privada
- Estilo Arquitectónico: Medievo
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Rural
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC
Accesos
- Accesos a pie: Sí