Video

As Rías Baixas Contigo

Vídeos, galerías fotográficas, visitas virtuais e información turística útil para este período na casa

Turismo Rías Baixas quere estar ao teu lado e ofrecerche información e alternativas de lecer relacionadas con este destino turístico mentres dure esta complicada situación que nos afecta a todas e todos. Xa sexas residente, visitante, pertenzas ao sector turístico, sexas profesional dos medios ou blogueira ou blogueiro, planifiques unhas vacacións nas Rías Baixas ou simplemente te namore este destino, poñemos á túa disposición neste escaparate unha selección de actividades e datos de interese para informarte e axudarche a soportar estas semanas na casa.

En “As Rías Baixas contigo” atoparás vídeos, música, unha nova guía para observar aves desde a casa creada en colaboración con SEO Birdlife, pasatempos, galerías de imaxes, visitas virtuais a xoias do noso patrimonio e recursos de interese para o sector e para visitantes. Tamén te convidamos a seguirnos nas nosas redes sociais, onde publicamos a diario e temos en marcha a campaña de promoción #21Days21Destinations.

Pronto esperamos ver aquí de novo ás viaxeiras e viaxeiros que desexen vivir a experiencia Rías Baixas. Todas as persoas que conforman o sector turístico na provincia de Pontevedra siguen o seu traballo mentres agardan ese momento, e coidan este paraíso bendecido pola natureza. 

Turismo Rías Baixas, entudade comprometida coa sociedade e cun modelo turístico natural e sostible acorde aos objetivos da Axenda 2030, está contigo a través da túa pantalla.

Xogo "As Rías Baixas na Casa"

Propoñémosche un xogo para que te divirtas, demostres os teus coñecementos, te convertas nunha experta ou experto e te prepares para vivilas en persoa moi pronto. Canto sabes das Rías Baixas?

Aves desde a miña fiestra

Prestemos atención estes días cando saiamos ao balcón ou nos asomemos á xanela. Cuns prismáticos, un anaco de ceo e afinando o oído podemos gozar de moitas das aves absortas nas súas actividades primaverais

Visitas virtuais aos monasterios

Santa María da Armenteira

Descubre este cenobio de monxas bernardas situado nun val fecundo no municipio de Meis. Entra e observa os elementos máis destacados da igrexa e do claustro.

San Lourenzo de Carboeiro

No lugar de Carboeiro (Silleda) áchase este mosteiro do século X. A beleza do contorno primou á hora de escollelo. Adéntrate no seu interior desde a túa pantalla.

Ver para crer

Cadernos de viaxe polas Rías Baixas