Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia Webinar recuperación do sector turístico Fondos Next Generation

A Deputación celebra o 8 de setembro unha webinar para axudar ao sector turístico da provincia a captar fondos europeos para a súa recuperación

Persoas expertas de primeiro nivel informarán ás empresas e a representantes do sector público da oportunidade que supoñen os Next Generation

A Deputación de Pontevedra celebra o 8 de setembro unha importante webinar con expertos e expertas de primeiro nivel para informar a todo o sector turístico da provincia dos proxectos de financiación dos fondos europeos Next Generation que se van dedicar ao turismo. Para asistir á xornada informativa “Plan de Recuperación do Sector Turístico: Oportunidades para o sector público e o sector privado”, que se desenvolverá de maneira telemática, hai que inscribirse  a través da web de Turismo Rías Baixas (www.turismoriasbaixas.com). As persoas interesadas teñen o formulario aquí.

A presidenta provincial Carmela Silva anuncio este encontró a mediados de agosto co obxectivo de “facer chegar toda esa información para que as empresas teñan as claves moi claras e facer que esa inxente financiación do Plan de Recuperación poida chegar ao sector privado da provincia". 

Con esta webinar, destacou a presidenta, as firmas do sector poderán coñecer "cales son as liñas, que é o que vai a ser subvencionable, cales van a ser as datas de presentación e que proxectos se poden presentan para acadar a estes recursos".

 

Cartaz de luxo

Este encontro dixital contará coa participación de Enrique Martínez, presidente de Segittur, para falar sobre as axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, e Galo Gutiérrez, director xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que dará a coñecer os retos e oportunidades para as PEMES na recuperación.

Xunto a eles tomarán a palabra John Mora, vicepresidente da comisión de Smart Cities e Turismo Intelixente de AMETIC, que falará da necesidade de transformación do sector; Luis Prieto, director de Economía Dixital de Red.es, que abordará o necesario impulso ás pemes; e Ana Jar Rodríguez, subdirectora adxunta de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística do Ministerio de Industria e Turismo, que falará de sostibilidade.