Monasterio de San Pedro de Tenorio
Lugar de MosteiroTenorio (San Pedro)36121 CotobadePontevedra
As orixes do mosteiro condúcennos ata o século X, onde o atopamos xa nomeado en documentos do ano 1073 do Mosteiro de San Salvador de Lérez,en Pontevedra.
Xa no século XV, Pedro Madruga nomeou un novo abade que non foi aceptado pola comunidade monástica do lugar, o que provocou que estes abandonasen a abadía.
No século XIX, durante a Guerra da Independencia, foi utilizado polos guerrilleiros da zona como base de operacións, e os franceses saquearon e incendiaron o cenobio.
Foi ocupado posteriormente e tras a súa rehabilitación no século XVI pero esquecido aos poucos anos pola Desamortización.
A igrexa data do século XVIII, construída sobre outra anterior de orixe románico. O antigo claustro, do século XVI, ocupa actualmente as dependencias da reitoral, e ten planta en "U"con baixo, piso e claustro interior. Fachada barroca pegada á igrexa, con porta adintelada abacelada sobre ela e balcón con portas do mesmo formato. Dous portalóns no baixo e piso con xanelas e balcón. O claustro, rectangular e de estilo renacentista, ten dous pisos. O baixo está formado por columnas, arcadas e vans adintelados, ambos os separados por unha liña de impostas
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Organismo responsable Diocese de Santiago de Compostela- Descrición do ámbito: Rural
- Estilo Arquitectónico: Barroco
- Tipología: Convento/mosteiro
- Propiedad: Privada
- Interés Paisajístico: Moderado