Estuario de A Ramallosa
- Nigrán
- Baiona
O Espazo Natural da Ramallosa integra distintos ecosistemas coma a marisma, o sistema dunar de Ladeira, a enseada de Baiona e as illas Estelas. É fermoso o seu aspecto coa baixamar e á hora do crepúsculo: os xuncos brillan, os corvos mariños e as anátidas sobrevoan a marisma, e algunhas linguas de auga do río chegan ata o mar. Nese momento as principais especies piscícolas que hai nestas augas, coma a anguía, a robaliza e algún salmón, deambulan perdidas entre a ría e a ponte da Ramallosa, lugar privilexiado para os pescadores
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona A chaira intermareal presenta praderías de cebas (Zostera), onde se desenvolven moitas larvas de animais mariños e importantes bancos de bivalvos, coma os de berberechos (Cardium edule) Flora e fauna terrestre autóctona As augas do río Miñor e outros cursos menores, provenientes principalmente da serra do Galiñeiro, desembocan nunha ampla ribeira que aínda conserva mostras do extenso bosque húmido de antano. Aparecen tamén, antes de que se faga intensa a influencia mariña, pequenas carriceiras e, xa sobre un substrato lamoso, o conxunto de comunidades de aves, onde dominan os xuncos. Neste medio aliméntase un gran número de limícolas durante os períodos de marea baixa- Descrición do ámbito: Fluvial
- Situado en: Desembocadura do río Miñor
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: Red Natura 2000, ZEPVN, LIC
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Navegación y fondeo: Sí
- Permitido el baño: Sí
- Observatorio de Aves: Sí