Cabo Udra
Singular espazo natural que combina un litoral, no que se intercalan pequenas praias, e unha superficie cuberta por unha interesante matogueira litoral do que emerxen un conxunto de rocas de gran valor científico e paisaxístico.
Pasear por Cabo Udra é sentir a frescura do vento nun paraíso natural e aberto ao mar, pero tamén é descubrir a forma dunha vida ancestral e rodearse dunha gran riqueza botánica e faunística, que fixeron deste espazo merecedor de ser incluído na Rede Natura 2000 e en ZEPVN
Pasear por Cabo Udra é sentir a frescura do vento nun paraíso natural e aberto ao mar, pero tamén é descubrir a forma dunha vida ancestral e rodearse dunha gran riqueza botánica e faunística, que fixeron deste espazo merecedor de ser incluído na Rede Natura 2000 e en ZEPVN
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona Fauna: a herpetofauna é notoriamente variada polo carácter termófilo da zona, na que se mesturan especies mediterráneas e endemismos do noroeste da península Ibérica, coma o lagarto verdinegro (Lacerta schreiberi). A área funciona como zona de paso migratorio para aves mariñas e limícolas, especialmente corvos mariños (Phalacrocorax aristotelis e Phalacrocorax carbo), diversas especies de gaivotas (Larus spp.) e charráns (Sterna spp.), e limícolas coma o virapedras (Arenaria interpres). Destaca a sedimentación estival e outonal dos bandos de pardelas baleares (Puffinus mauretanicus), un endemismo en perigo crítico de extinción, que ocupa as augas do LIC máis ou menos regularmente. Entre a avifauna terrestre destaca a presenza de interesantes especies ligadas ás matogueiras e formacións arbustivas, coma a papuxa do mato (Sylvia undata) ou a papuxa cabecinegra Flora e fauna terrestre autóctona Unha gran parte da área terrestre ocúpana plantacións forestais, terreos agrícolas, diferentes tipos de matogueiras e herbais ben conservados. Nas calas e gretas umbrosas é frecuente o Asplenietum marini,e o helecho (Asplenium marinu), e tamén en menor número Davallia canariensis, helecho relicto macaronésico. A un nivel máis elevado aparece un cinto case continuo de vexetación propia de roquedos abertos con alta influencia salina, na que, ademais da endémica Armeria pubigera, entra frecuentemente na zona a súa congénere Armeria maritima. Nos amesetamientos a maior altura, ocupando unha boa extensión entre a praia de Ancoradoiro e o cabo Udra, podemos atopar pasteiros de Festuca pruinosa e matogueiras- Descrición do ámbito: Con vistas panorámicas
- Situado en: Beluso en Bueu
- Interés Paisajístico: Elevado
- Organismo responsable: Xunta de Galicia-Agader
Figuras de protección
- Figura de Protección: ZEPVN, LIC, Red Natura 2000
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Permitido el baño: Sí
- Observatorio de Aves: Sí