5 Días para celebrar a Festa do Mar en Poio
O vindeiro mércores 23 de agosto comeza a Festa do Mar de Poio. Celebración que se leva realizando desde 2001 en conmemoración das primeiras viaxes celtas de Gran Bretaña e Irlanda a terras galegas a partir do século VI, situando desta maneira ao Atlántico como punto de unión. O municipio buscará novamente nesta edición que se converta nun festexo de Interese Turístico de Galicia.
Canto á programación, a cerimonia de apertura comezará o mércores ás 13 horas coa Mostra Gastronómica e unha exposición fotográfica no peirao da Canteira. Ademais de pasacalles e carpas gastronómicas, a nota musical virá por parte de David Civera a partir das 23 horas.
O xoves, destaca a apertura de espectáculos infantís ás 19:30 e a inauguración de a V Mostra da Canción Mariñeira na carpa gastronómica ás 21 h. Media hora máis tarde, realizarase unha proxección de curtametraxes gañadoras do II Concurso de Curtametraxes Armadiña na praza da Rualeira. E na praza da Chousa continuará a actividade musical co Festifolk Poio ás 23 h.
O venres é cando se celebrará a XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais ás 17 h. Espectáculos, pasacalles e outras actividades daranse durante toda a tarde para terminar cos concertos do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia, con Blues do País, Brinkadelia Troupe, Heredeiros da Crus e Dakidarría.
O sábado terá lugar entre outros, o Torneo de Kaiak Vila de Combarro , comezando ás 10 e finalizando ás 18 h. O día continuará con eventos para todos os públicos, charlas, actividades, pasacalles e concertos no Armadiña Rock no que destaca a cabeza de cartel Def Con Dous e Bala.
Mentres, o domingo, volve a navegación libre das embarcacións tradicionais desde as 11 h, carpas gastronómicas e entrega de premios dos distintos concursos realizados durante as festas. Para a información de horarios e todas as actividades pódense achegar ápáxina do concello.