Celebra San Patricio en Rías Baixas
Como cada ano, o mes de marzo devólvenos unha das festas máis populares a nivel internacional. É o día de San Patricio, santo por excelencia de Irlanda. Un día que se estendeu case imparable nas dúas últimas décadas, non só noutros lares, senón polo territorio nacional.
A marea verde, cor principal representante da illa esmeralda e a súa bandeira, propágase principalmente por aqueles lugares onde a emigración irlandesa foi considerable. Pero na actualidade xa se celebra case en calquera sitio, e indubidablemente se hai un pub irlandés instalado na cidade. De feito, a idea de espallar os pubs irlandeses vén lixeiramente da man da compañía Guinnes na súa procura por promover a súa xa mítica cervexa.
Rías Baixas non é alleo á celebración e por iso, ademais de todos os locais irlandeses que celebren este aniversario, se sumaron eventos locais coma o espazo que se ofrece na capital da provincia e na cidade olívica.
En Pontevedra é o festival galaico-irlandés, que este ano chega á súa edición número VIII. O lugar elixido volve ser a praza de España, onde se instalará unha carpa que permanecerá aberta desde o mércores 14 ata o domingo 18. O horario, desde o mediodía ata media noite.
San Patricio é o santo patrón de Irlanda, considerado o introdutor do cristianismo e, segundo a lenda, expulsor das serpes
Entre as cervexas que se tirarán cóntase coa negra Guinnes, a vermella Murphy´s e a rubia Fosters, ademais dunha billa para a cervexa artesá Nasa, que o día de San Patricio ten preparada unha de cor verde para a ocasión.
O evento tamén contará coa participación do xefe de cociña Pepe Solla, galardoado cunha estrela Michelin, sen esquecernos da gastronomía dalgúns pratos irlandeses coma as populares salchichas.
No aspecto musical, o recinto estará aderezado polas cancións dos irlandeses Coverstone, ademais doutros grupos, e os días de celebración contarán tamén con outras actividades coma un torneo de fútbol ou exhibicións de baile hip hop e jazz moderno.
En Vigo, o espazo dedicado á II Festa de San Patricio será na Estación Marítima, desde o 15 ao 18 de marzo, e estará aberto desde as 12 horas ata as 2 da madrugada. Ademais de música, comida e cervexa, conta con actividades para pequenos e pequenas.