Máis de 100.000 racións en dez días de Festa do Marisco
Os días de festexos que comezaron o 5 de outubro acaban de terminar e xa se está a facer balance dos datos que poñen esta edición como a mellor do últimos dez anos. Os datos recollidos indican que só foi superada pola de 2007, que durou un día máis en canto se refire á festa oficial gastronómica, con once días fronte aos dez da tempada de 2017.
Os datos ofrecidos elevan a 103.207 as racións totais de todas as súas variedades. O polbo, con ao redor de 9.232 racións, foi o prato máis exitoso, xunto co arroz de marisco e as súas 9.146 racións. Séguenlles as navallas e as zamburiñas á prancha con ao redor de 7.300 e 6.800 racións respectivamente, e as ameixas á mariñeira e os mexillóns ao vapor con ao redor de 5.200. Con máis de 4.000 racións continuarían as croquetas de marisco e as vieiras. Das 29 variedades de pratos, aqueles menos servidos serían as sobremesas, como a torta e a tortaleta de Santiago con 250 e 679 racións respectivamente. Tamén baixan das mil racións as ameixas ao natural (651), a empanada de mexillóns (835) ou a ostra rizada en salsa (901).
En canto aos días con máis afluencia de público segundo as vendas, a ponte da Hispanidade recolleu os mellores datos. No festivo do 12 de outubro servíronse 17.473 racións, e séguenlle o sábado e o venres do mesmo fin de semana con ao redor de 15.000. Ademais do día da apertura, que dispuxo de menos horario, o día con menos vendas foi o martes 10, con 4.688 racións.
Entre os elementos clave nos que se centraron están a mellora da calidade do produto, unha aposta polo cartel musical e a limpeza e coidado do recinto
O baremo total que realizan é dun éxito rotundo grazas a unha boa estratexia. Entre os elementos clave nos que se centraron están a mellora da calidade do produto, unha aposta polo cartel musical e a limpeza e coidado do recinto. Segundo indican, esta planificación tiña que ser clave, xa que se trata dunha das festas populares máis lonxevas e importantes, con nada menos que 44 edicións.
Outro dos logros foi confirmar a atracción dun público máis novo ao festexo, algo que se confirmou nas últimas dúas tempadas e que posiblemente veña da man dese destacado cartel musical que programaron.
Con todos os datos expostos, e grazas a éxitos como o desta tempada, o seguinte paso no que se está traballando é atraer ao público internacional e poder optar desta maneira á distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.