O humorista Xosé Touriñán dará o pregón este domingo na Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
A localidade pontevedresa de Vila de Cruces acolle este domingo a XXIV Festa Gastronómica do Galo de Curral, declarada de interese turístico en Galicia. O evento, no que o municipio rende homenaxe a un dos pratos máis populares das Rías Baixas, contará co televisivo Xosé Touriñán, actor e monologuista, como pregoeiro.
A xornada comezará ás 10:30 horas cuns pasacalles a cargo do grupo de gaitas O Arco de Merza e a Banda de Gaitas de Piloño. Unha concentración de coches antigos dará paso, posteriormente, á actuación de Os Sin Son Ghaiteiros, Voces da Terra e Bruxo Queiman e Andrea Pousa. Será cando teña lugar a lectura do pregón a cargo de Touriñán, ás 13:00 horas. Ademais da presenza do popular cómico galego, estarán tamén en Vila de Cruces os compoñentes do recoñecido grupo Golden Apple Quartet, cuxa actuación está prevista para as 13:30 horas.
O mediodía se reserva, no municipio dezao, para a degustación do galo de curral, protagonista en todos os restaurantes. Xa pola tarde, terá lugar o XXIV Festival de Bandas de Galicia, un certame que reunirá no municipio a Banda Unión Musical de Ponteledesma, a Banda Artística de Merza e a Banda Unión Musical de Valladares.