Jardines del Pazo de Gandarón
O Pazo de Gandarón foi construído polo Arcebispo Sebastián Malvar Pinto a finais do s.XVIII, pero foi na segunda metade do s.XIX cando a facenda foi herdada por Jerónimo Malvar Taboada e ampliou a propiedade e creou o xardín.
Desde o ano 1928 é a sede da Misión Biolóxica de Galicia, e conserva o bosque orixinal, os xardíns e zonas dedicadas ao cultivo das diversas especies agrícolas nas que se investiga.
O xardín, desde a súa creación no século XIX sufriu varias remodelacións, sendo totalmente rehabilitado entre 2005 e 2009, pero mantendo o deseño orixinal e reparándose os elementos significativos que marcan a época romántica na que foi deseñado, como son o enreixado, o cenador, a fonte e os estanques.
As camelias máis antigas remóntanse ao último cuarto do século XIX, cando foron plantadas por Jerónimo Malvar, e anos máis tarde Cruz Gallástegui (fundador da Misión Biolóxica) aumentou a colección.
Durante a última metade do século XX, Antonio Odriozola, que traballou como bibliotecario na Misión Biolóxica de Galicia, contribuíu en gran medida ao cultivo e difusión da camelia
Servizos
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego
Características
- Núm. total de variedades de camelias: 100
- Núm. total de exemplares: 10
- Núm. total de exemplares de camelias: 30
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Rural
- Tipología: Camelias