Museo de Pontevedra - edificio Castelao
Edificio de recente construción que supón para o museo provincial unha ampliación de dez mil metros cadrados dedicados a salas de exposicións permanentes e temporais, talleres de restauración, auditorio con capacidade para duascentas corenta persoas e cafetería.
As obras deste inmoble iniciáronse no ano 2004 segundo o proxecto elaborado polos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui, gañadores do concurso de ideas convocado pola Deputación de Pontevedra.
Nas vinte e tres salas de exposición permanente atopará o visitante a evolución da arte galego desde o gótico ata a actualidade, así como as manifestacións artísticas realizadas noutros puntos de España desde os tempos de Goya ata mediados do s.XX
Características
- Estilo Arquitectónico: Moderno
- Descrición do ámbito: Urbano
- Propiedad: Pública
- Interés Paisajístico: Elevado
- En uso: Sí
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC
Servizos
- Punto de información: Sí
- Comedor / Restaurante: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Inglés, Francés
Exposicións
- Exposición: de escultura, de pintura