Vigo, destino de portada para unha liña aérea en Nadal
A principal urbe de Rías Baixas foi o destino elixido pola revista dunha popular liña aérea para levala como portada neste mes de decembro, unha das épocas con máis afluencia de viaxes e vacacións. A imaxe de portada elixida foi nada menos que a árbore de nadal de luces que era estreado apenas hai unha semana ao grande na Porta do Sol, o mesmo enclave onde comparte espazo xunto co famoso Sireno e o máis recente Dinoseto.
"Un mar de propostas para o Nadal" é o titular que leva o artigo e no que se envorca en delicias nada máis comezar con que "Viaxar a Vigo na época do Nadal é unha aposta segura", destacando ademais que posúe un "microclima" perfecto que prové de temperaturas suaves para esta época do ano.
Continúa mencionando os diversos e relevantes museos que na cidade pódense ver, desde o popular Quiñones de León, no pazo de Castrelos , pasando pola Fundación Barrié ou o Museo de Arte Contemporáneo MARCO en pleno centro da cidade. A estes tres sumase Verbum–Casa das Palabras que se atopa en Samil e gustará especialmente ás e aos máis pequenos. Xunto aos museos tamén convidan a coñecer as actividades que se poidan ofrecer no coñecido Teatro García Barbón ou o Auditorio Mar de Vigo, escenarios que por estas datas adoitan ofrecen eventos relevantes.
Entre outras das actividades para descubrir nestes días destacan os mercadillos do Nadal de artesanías galegas. Uns mercadillos populares que foron variando durante os anos de localización. Desde atoparse no paseo marítimo, a situarse na antiga estación de tren ou rúa Príncipe. Na actualidade sitúanse xunto ao mercado do Progreso e xunto o Centro Comercial A Laxe.
A revista enaltece "a espectacular iluminación do Nadal" levada a cabo pola mesma empresa "que iluminou a Quinta Avenida de Nova York en 2016"
Destacada mención lévanllo as Illas Cíes que maxestosamente pódense apreciar antes de aterrar no aeroporto de Peinador. Un arquipélago do que sinalan, está en proceso para converterse en Patrimonio da Humanidade, e que a pesar de que o acceso está pechado por estas datas, sempre se poden achegar se se desexa, a través do aluguer de veleiros que máis dunha empresa ofrece.
Volvendo ás rúas da cidade, enaltecen "a espectacular iluminación do Nadal" levada a cabo pola mesma empresa "que iluminou a Quinta Avenida de Nova York en 2016" e cuxo aceso se realizou hai apenas uns días o 24 de novembro. Unha bela iluminación que contrasta con ese "museo ao aire libre" que é a cidade grazas ás pinturas urbanas, "unha das súas marcas de identidade".
Entre as recomendacións, ofrecen a opción de ruar por diversas tendas como o pasearse por Samil, Bouzas ou A Guía en Teis, ademais de destacar a uns dos nosos máis relevantes anfitrións a nivel musical, Iván Ferreiro.
E como non podía ser doutra forma, antes de finalizar, realizan unha invitación para degustar "a súa deliciosa gastronomía", destacando a rúa da Pedra , as "ostreiras", o "polbo á feira", e os pratos máis acordes coa época outonal e invernal, o cocido galego, o caldo e o lacón con grelos.
O artigo completo de Air Nostrum corresponde ao número 5, revista de decembro 2017 e pódese ler aquí.