Volve o Entroido de Verán de Redondela
Volve un dos días máis esperados do verán na zona da comarca de Vigo. Neste caso no Concello de Redondela, que desde hai 20 tempadas leva acollendo o Entroido de Verán, un dos eventos máis divertidos e frescos que se poden dar na época estival. O festexo, que se celebra o sábado 19, comezará animándose polas mañás en Redondela con diversas charangas desde as 13 horas ata as 22 horas da noite.
A festa grande, no recinto da festa, ten previsto comezar a partir das 20 horas con música de DJs e diversas actuacións ata a presentación da VII Gala Drag Queen, ás dez da noite. E ás doce é cando se espera a actuación dun dos reis do verán, o lendario Georgie Dann, que non require de presentación.
O mítico cantante, é popularmente coñecido como o rei das cancións de verán
Ademais dos eventos concertados, a festa continuará no labirinto das rúas estreitas da zona vella de Redondela, ademais de existir un apartado específico para as e os máis pequenos. Animacións infantís daranse desde as 17:30 ata as 22:00 horas na praza de Ribadavia, na pista da Xunqueira e na praza da Casa da Torre.
Para animar a asistencia desde outros lindes da provincia, hai un servizo de autobuses especial desde Pontevedra, Vigo e O Porriño que poden localizar aquí.
O 19 e 20 de agosto tamén son as festas de Cedeira, no mesmo municipio de Redondela , para quen desexe alternar a festa sen saír do devandito concello.
E a partir do luns, para non sentir a resaca, Redondela acolle o Festival Galego de Cabaré o cal chega a súa edición XI. Evento que durará ata o día 27. Talleres, espectáculos e galas, cuxas actuacións se darán en diversos puntos do municipio, como a praia de Cesantes, a praza da Torre, a alameda da parroquia de Chapela ou a praza da Constitución.