Danza de San Roque de O Hío
Datan o seu nacemento no século XVI e a súa orixe parte de dúas hipótese: como acto de agradecemento ao santo ou como un baile que celebraba a nobreza local. O escenario no que se interpreta é unha contorna privilexiada con espectaculares vistas á ría e rodeados polo conxunto arquitectónico monumental de Ou Hío: cruceiro, igrexa de San Andrés e a casa reitoral. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con chapeu de feltro e gravata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. Por iso é polo que o baile sexa denominado tamén “Danza de Peregrinos"
Características
Curiosidades Un requisito imprescindible para ser mordomo ou danzante é ser natural do Hío e o grupo non se pode ampliar ata que algún dos actuais bailaríns desexe ser relevado, para que outro poida ocupar o seu lugar dentro da coreografía Orixe e historia Sobre a súa orixe hai varias hipóteses: a primeira é que se celebra para agradecerlle ó santo a curación da peste que arrasou á parroquia e a toda a comarca naquela época. A segunda apunta a que o orixe das danzas se debe á imitación dos bailes da nobreza local, e unha última teoría afirma que é de orixe grega Itinerarios e eventos principais durante a súa realización O paso dos danzantes márcao o guía, chamado mordomo, que sempre é o de maior idade de todos os que bailan. Seguindo as súas indicacións, os bailaríns móvense ó ritmo da música, composta por gaita e tambor, e acompañada polas castañolas dos galáns.Empeza tras a misa solemne e a procesión. A contradanza é a parte do baile realizada de regreso á Igrexa, cando san Roque volve ó templo. A diferenza entre as dúas pezas, danza e contradanza, está na velocidade dos movementos
- Descripción del entorno: Rural
- Organismo responsable: Asociación Danzas do Hío
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 16/08/2019
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí