Fiesta de la Ostra de Arcade
Peirao, s/nArcade (Santiago)36690 SoutomaiorPontevedra
A primeira Festa da Ostra de Arcade celebrouse no ano 1987. A época na que a ostra está nas mellores condicións biolóxicas para a súa degustación, a parroquia de Arcade, no Concello de Soutomaior, celebra unha festa-degustación multitudinaria cargada de actividades lúdicas que amenizan a xornada. Dispénsanse máis de 100.000 unidades deste molusco, que ademais de servirse fresco tamén se pode degustar en empanada ou escabeche. Nesta festa tamén é posible degustar outras especies que contan con gran tradición na comarca, como o choco ou a anguía. Trufa de mar, perla dos mariscos, sexo das sirenas, son só algúns dos cualificativos que recibiu á longo da súa historia e que evidencian a devoción que esperta entre os seus devotos. Conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego desde o ano 2012
Servizos
- Baños públicos: Sí
- Puesto de la Cruz Roja: Sí
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Curiosidades Está declarada festa de interese turístico de Galicia desde 2002, e debido á gran afluencia de persoas, ten lugar na zona recreativa do peirao. A ostra de Arcade é, na súa variedade Ostrea Edulis, a máis cotizada do mercado e a pioneira en comercializarse e exportarse fóra de Galicia. Recoñécese por un sabor ligado ás augas nas que se cría, na desembocadura do río Verdugo Orixe e historia A tradición do cultivo da ostra data xa do tempo dos romanos, pois segundo documentos da época por Arcade pasaba a Vía Romana, que procedente de Redondela ía a Pontevedra e Santiago de Compostela e moitos eran os que se detiñan ó seu paso pola localidade para degustalas. A primeira festa da ostra organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona, que consideraron idónea a vila de Arcade para esta festa, xa que foron pioneiros no seu consumo, comercialización e exportación a outras partes de España e Europa Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Esta festa vai sempre acompañada de actividades culturais e deportivas, coma concertos, espectáculos de baile, verbenas populares, actuacións teatrais e unha tirada de lumes de artificio- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Soutomaior
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí