Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia Campaña Nadal Mulleres Rias Baixas Pontevedra Provincia - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

A campaña "Elas son a forza do Nadal" visibiliza o papel das mulleres produtoras e comerciantes da provincia

Carmela Silva: "Todo o que chega aos nosos pratos no Nadal é posible grazas ao traballo diario das mulleres"

10/12/2020

"Queremos poñer en valor o traballo que desenvolven as mulleres do sector primario da nosa provincia que permiten que o mellor produto, o produto de proximidade, poida chegar ás nosas mesas durante o Nadal", destacou Carmela Silva na presentación da campaña "Elas son a forza do Nadal" que vén de lanzar a Deputación xunto a Anmupesca, Fademur e AcuBam. 

"Todo o que chega aos nosos pratos no Nadal, pero tamén durante todo o ano, é posible grazas ao traballo diario das mulleres", incidiu a presidenta da Deputación. Por este motivo a campaña, que será divulgada en redes sociais e medios on e off line, estará protagonizada por nove mulleres reais da provincia de Pontevedra que permitirán, en palabras de Silva, "poñer en valor o seu traballo, defender ás nosas produtoras e facer un chamamento á xente para que merque produto do noso e no comercio local".

A presidenta aproveitou amais a ocasión para reivindicar cuestións que afectan directamente ás mulleres do sector primario da provincia, sumándose á causa das redeiras, que reclaman a aplicación do coeficiente redutor para a xubilación. Tamén incidiu no papel das mulleres no mundo rural: "soamente terá futuro se as mulleres deciden quedarse nel".

Pola súa banda a presidenta de Fademur, Rosa Arcos, subliñou a importancia de lanzar iniciativas "en positivo" como esta campaña, máis "neste ano tan malo", e por impulsar o produto de proximidade, "feito por mulleres que levan moitos anos coidando da nosa terra". Na calidade do produto afondou a peixeira Bea Reimóndez, quen destacou a "forza" das mulleres "para sobrevivir nestes tempos tan duros e traballar arreo para que todas as persoas poidan contar cunha boa vianda no Nadal". Finalmente, a presidenta de AcuBam Mariví Álvarez enxalzou a importancia da campaña "porque precisamos reforzar, crer e facer que a xente crea no produto local, que está a consumir produtos bos porque cada día as produtoras estamos a superarnos e a evolucionar para mellorar".

En total son nove as mulleres protagonistas da segunda edición da campaña "Elas son a forza do Nadal". Trátanse de mulleres profesionais autónomas ou profesionais de empresas de distintos sectores da provincia que falan do seu traballo, a súa paixón por el, as dificultades e o trato que reciben.

En concreto, aparecen no vídeo Bea Reimóndez, pescadeira e propietaria de "La Pescadería de mi Barrio", no Mercado de Teis en Vigo, cuxa aposta polas redes sociais e as TIC permitiulle enviar peixe durante o confinamento por todo Vigo e mesmo fóra da cidade; Mariví Álvarez, presidenta de AcuBam e viveirista socia de Viveiros Río Tollo, no que traballan un 90% de mulleres; Margot Cacabelos, avicultora e propietaria dunha granxa avícola en Cambados, que ten moi en conta a sustentabilidade e benestar animal; María González, panadeira e propietaria de Panadería Paulino en Rellas, Silleda, na que ela é xa a terceira xeración; Marina Álvarez, redeira en A Guarda e vicepresidenta da Asociación de Redeiras Atalaia dende a que están a loitar para que se lles aplique un coeficiente redutor para a xubilación; Susana González, percebeira-ouriceira, patroa maior da Confraría "La Anunciada" de Baiona, que destaca no vídeo da campaña a liberdade e independencia económica que lle outorga o seu traballo; María Luz García, gandeira e propietaria dunha explotación en A Silva, A Estrada, tamén ecolóxica e respectuosa co benestar animal; e Cristina Yagüe e María Falcón, viticultoras e propietarias de Anónimas Vicitultoras (Cambados), unha empresa cuxo nome rende homenaxe ás mulleres non recoñecidas do mundo do viño, sector tradicionalmente masculino.

"Elas son a forza do Nadal", que inclúe vídeos e carteis inviduais, está moi ligada á campaña "Agora, máis que nunca, non perdamos a proximidade" que lanzou recentemente a Deputación de Pontevedra para apoiar ao comercio e ao produto local. Ambas iniciativas seguen ás que se impulsaron no mes de maio "Elixe comercio local" e "Pontevedra provincia na túa cesta".

 

 

Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124