Luz nos fogóns

Rías Baixas é sinónimo de gastronomía de excelencia grazas aos seus inmellorables produtos e unha cociña de vangarda que respecta a tradición. Déixate namorar polos nosos cociñeiros con Estrela Michelín

As Rías Baixas producen os mellores mariscos e peixes do mundo, ademais de viños recoñecidos internacionalmente. Pero a súa variada e rica oferta gastronómica non depende en exclusiva do Atlántico e os seus espectaculares viñedos. Os prados da provincia de Pontevedra alimentan as reses das que se obteñen excepcionais carnes de gando.

E é imprescindible gozar pausadamente dos seus produtos tradicionais capaces de sorprender os padais máis exquisitos. A riqueza das súas rías e a fertilidade da súa terra converten As Rías Baixas nun destino gastronómico de excelencia no que conviven en harmonía unha cociña de fondas raíces cos fogóns máis vangardistas.

non deixes de ver ...

  • Maruja Limón (Vigo)
  • Culler de Pau (O Grove)
  • Yayo Daporta (Cambados)
  • Casa Solla (Poio)
  • Pepe Vieira (Poio)
  • Eirado da Leña (Pontevedra)
  • Silabario (Vigo)

Tradición, territorio, lembranzas e sabor. Estes son os acenos de identidade da nova cociña galega, que logrou facerse un oco na elite gastronómica sen renunciar aos produtos da terra. Quen se guía polas “estrelas” para organizar as súas escapadas ten na provincia sete paradas imprescindibles que os somerxerán nun mundo de infinitas sensacións.

“Sen tradición, non hai vangarda”, esta é a declaración de intencións que lanza o restaurante Maruja Limón de Vigo, unha frase que resume a filosofía dos sete “Estrelas Michelín” de Pontevedra, un selecto grupo no que destaca a finura e experiencia de Pepe Vieira e a súa “viaxe a través da historia e a mitoloxía de Galicia”.

Grupo Nove, cociña emocional

Aínda que é un pequeno grupo de cociñeiros os que figuran na Guía Michelín ou foron distinguidos cos Soles Repsol, o abano para gozar dunha cociña galega vangardista nas Rías Baixas é moito máis amplo. No 2003 nacía o Grupo Nove para difundir a cultura gastronómica de Galicia, unha cociña de temporada, creativa, de despensa, sinxela e emocional que integran tamén os chefs de Silabario, Pandemonium e Eirado da Leña, todos eles na provincia de Pontevedra.

A máxima de Javier Olleros en Culler de Pau (O Grove) é apostar por “materias primas selectas procedentes da agricultura e a pesca sustentables”. E as e os amantes da boa cociña teñen outra cita obrigada coa “cociña galega actualizada” que practica Yayo Daporta en Cambados.

Tradición, territorio, recordos e sabor. Estes son os acenos de identidade da nova cociña galega

"Na cociña busco claridade e esencia". Así se presenta o chef Pepe Solla, que seguiu os pasos de seus pais e avós e converteu Casa Solla (Poio) en punto de encontro para os padais máis esixentes.

Ademais contan con estrela Eirado da Leña (Pontevedra), con Iñaki Bretal á fronte, e Silabario (Vigo), do chef Alberto González.

Javier Olleros Culler de Pau
 
  •  
    Cúpula de Silabario (Vigo)
  •  
    Maruja Limón (Vigo)
  •  
    Pepe Vieira (Poio)
  •  
    Casa Solla (Poio)
  •  
    Casa Solla (Poio)
  •  
    Yayo Daporta (Cambados)
  •  
    Yayo Daporta (Cambados)
  •  
    Yayo Daporta (Cambados)
  •  
    Rafa Centeno
  •  
    Silabario (Vigo)