Riqueza baixo as augas
As Rías Baixas producen os mellores mariscos e peixes do mundo. En barco ou a pé, as xentes do mar da provincia de Pontevedra saen a faenar a diario e recollen os froitos das rías para vendelos nas lonxas das localidades mariñeiras, desde O Baixo Miño ata O Salnés. De alí parten cara ás prazas de abastos, os restaurantes, as conserveiras e os grandes mercados nacionais e internacionais. Unha actividade diaria con enorme peso na economía da provincia que forma parte de a identidade deste territorio e acredita o prestixio dos produtos co selo Rías Baixas .
A cociña galega tradicional conserva intacto o receitario, transmitido entre as sucesivas xeracións de familias, restauradoras e restauradores. A calidade da materia prima garante en si mesmos excelentes pratos, pero as e os chefs souberon conxugar as raíces desta cociña coa innovación. Así, nas Rías Baixas existe unha ampla lista de restaurantes nos que se preparan e serven elaboracións de vangarda. As súas cartas innovan sen perder a esencia tradicional e o respecto polo produto .
Peixes, moluscos bivalvos, cefalópodos, crustáceos e algas mariñas son manxares que se serven a diario nos establecementos hostaleiros deste destino. Que mellor lugar para degustar estas delicias que as Rías Baixas? O produto capturado pola frota artesanal e o extraído polas mariscadoras e mariscadores pasa menos de 24 horas fóra da auga antes da súa primeira venda , e preséntase no mercado en distintas modalidades: fresco, conxelado, transformado en conservas ou precociñado . A actividade, ademais, realízase de forma sustentable.
A marca pescadeRías ¿de onde se non? é o selo de identidade para a promoción dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal das Rías Baixas e do resto da Galicia.