Bosques fermosos e ricos en froitos
A natureza foi máis que xenerosa coas Rías Baixas. O corazón da provincia alberga frondosos bosques dun verde intenso onde as árbores autóctonas conviven con outras especies en espazos naturais de gran beleza.
Un das paisaxes máis representativas de Galicia son os seus bosques de castiñeiros. Na provincia de Pontevedra as zonas de recolección de Castaña de Galicia son as comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e de Deza; e os municipios de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Cuntis. Os montes da fraga de Catasós en Lalín ou a serra do Candán son algúns dos espazos onde a recollida de castaña se pode compaxinar coa de cogomelos.
Ourizo de castañaConcretamente, en Lalín existe unha importante produción de castañas, actividade complementaria das familias que se dedican a actividades gandeiras. Esta localidade, xunto aos demais municipios que conforman a comarca de Deza, atópase dentro da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
Especialmente saboroso é o mel das Rías Baixas, tamén con selo de calidade (IGP) e produto do minucioso traballo das apicultoras e apicultores desta terra.