Fiestas en Rías Baixas

Enogastronomía

A horta

Os mellores produtos do campo

Patacas, grelos, cebolas… unha variedade e calidade extraordinarias

Os campos de cultivo ofrecen produtos de primeira calidade grazas ás temperaturas suaves e á gran riqueza do chan deste territorio. As e os agricultores manteñen o espírito tradicional deste oficio artesanal seleccionando meticulosamente os seus produtos e adaptando as técnicas de produción ás condicións do terreo. O resultado, un produto extraordinariamente ligado ao medio e cunhas excelentes calidades culinarias.

As patacas, os pementos de Herbón, ao norte da provincia de Pontevedra, as cebolas do Salnés, o millo corvo da peninsula do Morrazo, ou os Grelos de Galicia da Indicación Xeográfica Protexida, cuxo cultivo se estende polos catro puntos cardinais da provincia, son algúns dos excelentes produtos deste destino tan valorado na súa gastronomía.

Os grelos, un dos ingredientes básicos de receitas da gastronomía tradicional galega coma o caldo galego, o cocido ou o lacón con grelos, son un elemento diferenciador da cociña autóctona.

Posto de verdura no mercado do Progreso, en Vigo