Fiestas en Rías Baixas

Enogastronomía

Gandería

Gandería

A raza rubia galega é a tenreira autóctona da zona noroeste peninsular, e o selo de calidade Ternera Gallega identifica a excelencia da súa carne. Ademais da tenreira, o porco tamén é protagonista na gastronomía das Rías Baixas. Con este último como protagonista podemos atopar grandes receitas por todo o territorio, coma o cocido, que goza de fama nacional en Lalín ; o lacón con grelos; ou os embutidos, onde o xamón da Cañiza ocupa un papel destacado e conta cunha tradición de máis dun século.

O carneiro ao espeto de Moraña, o galo de curral de Vila de Cruces ou a galiña de Mos son outras das carnes para destacar da gastronomía tradicional da provincia de Pontevedra. A gandería produce ademais deliciosos queixos que contan co distintivo da denominación de orixe, coma o Queixo de Tetilla ou o de Arzúa-Ulloa, elaborados artesanalmente a partir do leite de vaca natural e enteiro.

Ganadería