Fiestas en Rías Baixas

Enogastronomía

Ríos

Salmón, troita… e a ancestral lamprea

Os ríos da provincia de Pontevedra atesouran prezadas especies de peixe

A importancia da contorna fluvial nas Rías Baixas non só se basea na beleza das súas paisaxes. Seguir o seu percorrido supón coñecer paraxes de gran riqueza biolóxica, histórica, etnolóxica e tamén gastronómica. Os múltiples ríos que bañan a provincia de Pontevedra ofrecen especies de auga doce como as angulas, as troitas, os salmóns ou as lampreas.

A lamprea remonta as augas do río Miño desde o océano para desovar e morrer. A localidade de Arbo gañouse con suor ser a capital histórica deste manxar, e as “pesqueiras”, método tradicional para pescar lamprea, son un elemento singular da paisaxe.

Pesqueira río MiñoConstruccións para pescar lamprea
Pesqueira río MiñoPesqueira no Miño
Pesqueira río MiñoO río Miño ao seu paso por Arbo

Salvaterra de Miño é considerada a capital gastronómica desta conca fluvial. Lampreas, angulas, anguías, salmóns, ou troitas atopan no río Miño o seu hábitat natural. Seguindo o curso descendente do maior río de Galicia ata a súa desembocadura na Guarda suca as súas augas a prezada angula, cría da anguía. O río Ulla acolle tamén este exemplar de auga doce, que se pesca de forma tradicional a través das nasas distribuídas polo río.

Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes atópase o municipio galego con máis cotos de pesca, A Estrada. A fantástica orografía deste lugar, bañado polos ríos Ulla e Umia, outórgalle unha gran vantaxe para a captura de exemplares como o salmón ou a troita, unha especie que tamén habita outros ríos como o Tea ou o Verdugo.