12 Rutas guiadas polas Illas Atlánticas
Co obxectivo de atraer ás e os visitantes ás illas fóra da tempada alta, organizáronse ata 12 visitas guiadas polas catro illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A pesar do seu carácter gratuíto, as e os participantes han de abonar o custo do transporte, o cal dependerá da illa que se vaia a visitar.
Todas as visitas son aptas para maiores de 12 anos, coa excepción dunha dedicada a familias con menores de entre 5 e 12 anos. O prazo para apuntarse termina catro días antes de cada saída.
Cortegada, o segredo dun bosque no medio do mar
A primeira das illas que se visitará será a de Cortegada . Consiste nun percorrido circular duns 3.2 quilómetros no que se buscará revelar os segredos da illa durante as dúas horas de duración da ruta.
A saída iniciarase no xardín da lonxa de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Os horarios, programados para as mañás, indicaranse coa reserva.
Os días en que se realizarán as visitas son o 11 de febreiro, 11 de marzo, e 8, 12 e 22 de abril. A pesar de que a ruta é de carácter gratuíto, hai que abonar o custo de transporte, 10 €. Está pensada para maiores de 12 anos.
Ons, unha illa de nomes
A visita á Illa de Ons está programada para o 18 de febreiro e busca desvelar algúns dos segredos da mesma. Para iso centraranse nos nomes de diversos lugares polos que se pasarán e que nos irán revelando durante o traxecto.
A ruta terá tamén un itinerario circular, sendo neste caso o percorrido máis longo cos seus 6,2 quilómetros. O punto de encontro será no porto de Bueu, na zona de pasaxeiros para embarcar ás illas.
O mesmo día realizarase o abono para o transporte, 18 € ida e volta. A data, o 18 de febreiro.
Cíes, unha viaxe no tempo
No caso das populares Illas Cíes, o obxectivo é dar a coñecer a historia que esconde o arquipélago desde os seus primeiros poboadores ata a actualidade.
Do mesmo xeito que a anterior, o percorrido será de 2.5 quilómetros en forma lineal, ata o faro da Porta. O punto de encontro será a estación marítima de transporte en Vigo ás 9:45 horas o 4 de marzo. O custo da visita será de 18 €, que é o prezo do billete de ida e volta das navieiras. Tamén se trata dunha vista para maiores de 12 anos.
Cíes, para familias con nenos e nenas, Peza a Peza
Se a anterior visita está pensada para maiores de 12 anos, neste caso programouse unha para familias con nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. O percorrido será lixeiramente inferior, 1.5 quilómetros, cunha duración similar alcanzando case as dúas horas (1 h e 45 minutos).
A diferenza da anterior, o punto de encontro será na propia illa, na caseta de información das illas que se localiza a apenas 100 metros do porto. Horario, ás 12 horas. As propias familias terán que xestionar os billetes coas propias navieiras (Piratas de Navia ou Mar de Ons ).
Desde a organización indican que non é unha ruta pensada para cadeiras de bebés e recomendan que os menores teñan máis de cinco anos. Permitirase o acompañamento de tres menores por adulto. A data programa é para o 26 de marzo.
Sálvora, illa de lendas e esculturas
As visitas guiadas esténdense tamén pola illa atlántica de Sálvora , pertencente ao municipio de Riveira, A Coruña. As datas están programadas para os días 25 de febreiro, 18 de marzo, 14 e 29 de abril. Quen desexe obter máis información pódeo facer a través das Reservas de Parques Nacionaies.