Arbo enxalza a lamprea na súa Festa de Interese Turístico Nacional
Desde principios da década dos anos 60 Arbo réndelle homenaxe á lamprea. Faino de modo ininterrompido, nun evento hoxe catalogado como de Interese Turístico Nacional e que pon sobre a mesa os encantos do único peixe considerado prehistórico. Con máis de 400 anos de antigüidade, Arbo mantén unha íntima relación pesqueira, gastronómica e turística con este bocado ancestral.
Como proba diso, a localidade conta con instalacións para a pesca desta especie, os pescos, chegados desde a época romana, e receitas propias. Ademais, Arbo é un dos poucos lugares nos que a lamprea, tras habitar no mar, segue remontando o leito fluvial para desovar.
A próxima edición deste evento, que conta con 57 anos de traxectoria, terá lugar a finais de abril. En concreto, serán os días 28, 29 e 30 cando esta localidade da provincia de Pontevedra, separada de Portugal polo Miño, verá multiplicada a súa poboación ao recibir aos centenares de visitantes que tradicionalmente acoden ao certame culinario.