Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As Rías Baixas estará presente en dous grandes eventos sobre o Camiño de Santiago e o turismo ornitolóxico - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As Rías Baixas estará presente en dous grandes eventos sobre o Camiño e a ornitoloxía

A Mesa de Turismo celebra o seu primeiro encontro de 2019, no que tamén se anunciou a segunda aceleradora de empresas e a próxima Gala de Turismo, que se celebra en marzo

17/01/2019
Reunión Mesa de Turismo

A Mesa de Turismo da provincia de Pontevedra, que agrupa a representantes de concellos e outras entidades representativas do sector, acaba de celebrar o seu primeiro encontro de 2019. Os municipios de Cambados e Cangas, o SICTED de Sanxenxo, o Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) da ría de Pontevedra e o grupo de Desenvolvemento Rural do Condado-Paradanta, incorporáronse á agrupación provincial nesta nova fase.

Nesta primeira reunión, presidida por Carmela Silva, levou a cabo un seguimento das liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 en diferentes ámbitos. En relación ao Camiño de Santiago, a ruta máis antiga e popular de Europa, a presidenta provincial anunciou a asistencia da provincia de Pontevedra ao III Fórum do Camiño de Santiago FAIRWAY no mes de febreiro. O obxectivo principal é promocionar un camiño multiexperencial con atractivos como a enogastronomía, a arqueoloxía, o termalismo ou a camelia.

Cabe lembrar que seis rutas do Camiño de Santiago cruzan a provincia. Estes itinerarios son o Camiño Portugués, tradicional e de costa; a Vía da Prata; o Camiño de Inverno; a Ruta do Pai Sarmiento e a do mar de Arousa e o río Ulla.

Camino de Santiago

O turismo de natureza abordouse na mesa da man da ornitoloxía, unha das moitas potencialidades do destino Rías Baixas. A Deputación de Pontevedra asistirá á Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico de Estremadura , que terá lugar do 22 ao 24 de febreiro no Parque Nacional de Monfragüe.

Esta cita preséntase como unha oportunidade única para dar a coñecer o gran valor ornitolóxico e natural deste destino. Actualmente neste ámbito, as rutas ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas”, promovidas pola Deputación de Pontevedra en colaboración co colectivo SEO/BirldLife, ofrecen a posibilidade de visitar as principais reservas da provincia para a contemplación das aves en compañía de expertas e expertos.

Aceleradora de proxectos turísticos

Boas noticias tamén para o turismo intelixente da provincia de Pontevedra. En febreiro celebrarase unha nova edición da Aceleradora de proxectos turísticos, e unha segunda cita no ámbito do turismo e a innovación chegará o mes de abril, cando terá lugar o II Foro de Turismo Intelixente TurisTIC . Esta xornada segue o camiño iniciado tras o encontro celebrado o pasado mes de outubro no castelo de Soutomaior, a I Xornada TurisTIC da provincia de Pontevedra.

Finalmente, outra das cuestións mencionadas neste encontro foi a do premio “Trending People #RíasBaixas” que se entregará durante a Gala Provincial de Turismo, prevista para marzo, a unha embaixadora ou embaixador polo seu labor na promoción do destino Rías Baixas. A Deputación de Pontevedra ten en marcha ou completadas o 100 % das accións do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 da provincia de Pontevedra.

Categorías: Natureza/Sendeirismo, Cultura/Patrimonio
Etiquetas: mesa de turismo, camino de santiago, turistic, birding, gala provincial de turismo
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124