Asiste a un dos 5 festivais de música para esta semana
Como xa anunciaramos, desde o domingo ata mañá 23 estase a tempo de gozar das actuacións de CanJazz no municipio de Cangas.
O mesmo venres día 25, é o día de apertura do Xironsa en Corvillón , Cambados. Neste caso trátase dun festival de folk que alcanza o seu XVII edición, e no que destaca a posibilidade de acampada libre y un espazo para familias. O día 26 é cando se realizará o groso dos concertos, primeiro pola tarde destacando Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e Sindicato de la Verbena. Pola noite, O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilia, Boudebou Gaiteiros e Xironsa.
Un último fin de semana de agosto cheo de oferta festivaleira para Pontevedra
En dous fins de semana alternativos é cando se desenvolve o festival Son-Paf de Pontevedra na parroquia de Santa María de Xeve. O obxectivo, axuntar no mesmo evento música de varios xéneros. Neste caso, pop, art e folk, así como música minoritaria galega. O vindeiro venres e sábado 25 e 26 celebran o seu segundo e último fin de semana. Todo a partir das 20:30 horas da tarde.
E con motivo da Festa do Mar de Combarro, o Armadiña Rock vai tomar o espectro musical eses días desde o venres 25 ao domingo 27. E entre as actuacións máis relevantes destaca Def Con Dos, Bala, Talco, Brinkadelia, Blues do país, Dakidarria, Cats & Monkeys.