Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Cambados convértese durante cinco días en capital mundial do albariño - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Cambados convértese durante cinco días en capital mundial do albariño

A Festa de Interese Nacional da vila das Rías Baixas ofrecerá catas, un concurso que galardoará ao mellor viño do ano, a mellor gastronomía, humor, música e espectáculos

01/08/2018

A Festa do Albariño de Cambados inicia cinco días de festexos ata o domingo 5 de agosto cun programa repleto de actividades en torno ao prestixioso viño das Rías Baixas, que se serve nos mellores restaurantes do mundo. A celebración, que este ano alcanza a súa edición número 66, é unha das festas gastronómicas máis antigas de todo o país, e está declarada de Interese Turístico Nacional.

Cambados, Fiesta Albariño
Cambados

A variada programación inclúe degustacións nas casetas, diversas catas e un concurso onde serán galardoados os mellores viños do ano. Todo iso acompañado dos mellores pratos da gastronomía das Rías Baixas. Ademais, haberá decenas de actos culturais e festivos para todos os públicos con espectáculos circenses, monólogos e actuacións musicais.

Máis de 40 adegas ofrecerán os seus caldos as e os asistentes no Paseo da Calzada

A participación de 44 adegas da D.O. Rías Baixas na Festa do Albariño é un dos seus principais atractivos, que a converte nunha cita obrigatoria para as persoas máis adeptas á cultura vitivinícola. O Paseo da Calzada será o epicentro das degustacións, onde as e os participantes poderán adquirir os seus cataviños, degustar os seus caldos preferidos e atreverse con novas propostas nun total de 42 casetas, que permanecerán abertas ata altas horas da madrugada.

Outro dos atractivos desta celebración é o Concurso do Albariño, coa participación de 58 adegas de entre as cales se seleccionará o mellor viño D.O. Rías Baixas da última anada. Nesta edición, co obxectivo de darlle o recoñecemento que se merecen, haberá unha recepción oficial para os tres gañadores do concurso.

Ademais, o Salón de Congresos José Peña acollerá a 8° edición do Túnel Profesional do Viño e Catas Temáticas Rías Baixas, cuxa inauguración se celebrará mañá, xoves, ás 12:00 horas. Esta actividade, para a que será precisa obter unha entrada con prezos entre 10 e 15 euros segundo a xornada, contará coa participación de 60 adegas que realizarán catas en sesións de mañá e tarde. A Cata Derradeira será a encargada de poñer o broche de ouro o 5 de agosto no Parador de Cambados.

Novas damas e cabaleiros do Capítulo Serenísimo

Nesa mesma xornada terá lugar, tras o Desfile do Capítulo Serenísimo, o nomeamento das Damas e Cabaleiros de Honra do Capítulo Serenísimo do Albariño, no patio de armas do pazo de Fefiñáns, que reúne cada ano a destacadas personalidades dalgúns ámbitos como o da política, a arte ou o deporte.

A mellor gastronomía tradicional co Xantar do Albariño e as “gastronetas”

A oferta gastronómica xira en torno ao popular Xantar do Albariño, onde se coñecerán os nomes dos espumosos premiados da edición. O menú, do que 5 euros destinaranse ao Refuxio de Animais, ofrecerá algúns manxares típicos das Rías Baixas como empanada, pementos de Padrón, lagostinos, polbo á feira, vieiras, ameixas ao albariño ou redondo de tenreira, co protagonismo indiscutible dos mellores viños D.O. Rías Baixas. As reservas para esta multitudinaria comida pódense facer na web do Concello de Cambados.

Ademais haberá outras alternativas dentro da oferta culinaria da Festa do Albariño. Tras o éxito do ano pasado, os foodtrucks, aos que algunhas persoas tamén denominan “gastronetas”, volven por segundo ano consecutivo ao Paseo da Calzada. Estas “cociñas sobre rodas” ofrecerán ás persoas participantes algúns dos pratos típicos máis deliciosos da gastronomía galega.

Música e moito máis, con monólogos e espectáculos circenses para todos os gustos

A programación da Festa do Albariño é moi variada e ofrece actividades para todos os públicos. Durante as 5 xornadas haberá espectáculos diúrnos como monólogos, actuacións musicais e montaxes circenses. As actividades celebraranse en distintos puntos de Cambados como o monte da Pastora, as Ruínas de Santa Mariña ou a praza do Concello.

Os concertos nocturnos, que se celebran na Praza de Fefiñáns, apostan pola música de raíz e artistas con selo galego. O vasco Kepa Junquera será o encargado de abrir a programación nocturna e actuará hoxe co grupo Sorginak, unha aposta nova de canto, danza e percusión, formada por dez mulleres. O xoves a actuación principal estará a cargo de Guadi Galego e o venres terá lugar a actuación da Orquestra de Jazz de Galicia, con Martirio, Pedro Guerra e Uxía.

O fin de semana os sons máis rebeldes fusionaranse coa música máis tradicional. O sábado actuarán a banda galega Dakidarría e o rapeiro sevillano Toteking; e o domingo a Banda de Música de Castrelo. A formación cambadesa de máis de 125 anos de historia contará coas colaboracións de artistas como Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara.

As noites do Albariño tamén estarán acompañadas polas verbenas tan características das festas de Rías Baixas, coa presenza de orquestras como Finisterre, Grupo Cibeles ou Suavecito e diversas discotecas móbiles. Un amplo abanico de estilos musicais que completan un programa apto para todos os gustos.

Servizo de autobuses

Para non perderte esta festa consulta os autobuses dispoñibles na páxina de Facebook da Festa do Albariño con saídas desde Pontevedra e outros puntos de Galicia como Santiago de Compostela, A Coruña ou Ferrol.

Que ver en Cambados

A Festa do Albariño é unha fantástica oportunidade para coñecer a vila de Cambados, rodeada de casas señoriais, rúas nobres de pedra e magníficos monumentos en cada recuncho. Goza dun agradable paseo polo seu conxunto histórico ata chegar a señorial praza de Fefiñáns, onde podes atopar un marabilloso pazo de estilo renacentista. No barrio de San Tomé, onde pode apreciarse a orixe mariñeira do municipio, as rúas desembocan no mar e abren a vista á torre medieval de San Sadurniño .

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124