Cangas impulsa unha nova edición da Bienal Arte no Morrazo, referente a nivel plástico
O Concello de Cangas, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Frigoríficos do Morrazo e a Universidade de Vigo, impulsa unha nova edición da Bienal Arte no Morrazo, un evento cultural que poderá visitarse entre o 9 de xuño e o 22 de xullo. O proxecto está aberto á participación de todos os artistas, nacionais ou estranxeiros.
En concreto, esta Bienal expón un achegamento á arte a través de dúas modalidades, escultura e pintura. En ambos os casos, tanto a temática das obras como a técnica empregada nas mesmas terá carácter libre, tal como consta nas bases establecidas para a participación nesta mostra.
Unha vez seleccionado o contido da Bienal Arte no Morrazo, as súas creacións poderán contemplarse na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas. Así, o público terá á súa disposición durante practicamente sete semanas un evento convertido en referente da arte plástico tanto na provincia pontevedresa como en toda Galicia, ao permitir achegarse á obra de artistas de numerosas nacionalidades.
Máis información: www.cangas.gal