Decenas de actuacións para a Arribada 2018

Aumentan os espectáculos, as actividades e o espazo dedicado ao mercado medieval. O obxectivo, que a 525 efeméride da chegada da carabela a esta vila de Rías Baixas sexa a máis grande ata a data. Mostramos a continuación as actuacións máis destacadas desta edición:
Venres 2 de marzo
Os actos iniciaranse ás 10 horas da mañá con os disparos dos canóns da Fortaleza anunciando o comezo da Arribada 2018. A partir de aí, sucederanse diversos actos litúrxicos e oficiais á vez que as rúas se encherán de "mercadores" de artesanías e produtos gastronómicos.
Ás 11:30 inaugurarase a mostra "Castelos, os protectores de pedra" no Casal do Rexemento (Casa do Concello), mentres que ás 14 h será a inauguración dos "Inventos da Idade Media e creacións visionarias" na Capitanía Marítima.
Ás 18 h comezará a homenaxe a Alonso Pinzón, capitán da Carabela A Pinta, no mesmo paseo Pinzón xunto con diversos actos como ofrenda de coroas, interpretación de himnos e disparos de salvas de canóns.
Sábado 3 de marzo
As animacións do sábado comezarán a partir das 11 h da mañá. Innumerables actividades que van desde a organización de talleres ata actuacións medievais, como adestramento de cabalos, paradas das aves de cetrarías, desafío medieval, contenda de esgrima ou demostracións de puntería.
Á mesma hora, exposicións, mostras e museos abrirán as súas portas para permanecer abertas durante todo o día.
E ás 12 h, un gran desfile medieval baixará desde o Parador de Baiona ata o Real Mercado. Quince minutos máis tarde, no paseo Pinzón exhibiranse especies exóticas por parte do encantador de serpes. Trátase do Terrario Exótico que se repetirá pola tarde ás 18 h e tamén o domingo 4.
A exhibición de Esgrima Antiga dará comezo pouco despois no parque da Palma. E a da arte milenaria da Cetrería será ás 13 h na praia Ribeira. O resto de exhibicións desenvolveranse pola tarde. O Tiro con Arco ás 16:20 na praia Ribeira, e a Esgrima Medieval no parque da Palma apenas dez minutos despois.
Unha hora máis tarde será a quenda do Gran Torneo Medieval tamén na praia Ribeira. E ás 19 h, na alameda Carabela Pinta, dará lugar a actuación dos Comediantes.
Dous espectáculos nocturnos resérvanse para a tarde noite. A representación teatral "Arribada do Descubrimento" ás 20:30 h na praia Ribeira, e "Conxuros e Feitizos" coa súa xuntanza de bruxas ás 21:30 na praza do Rexemento.
Domingo 4 de marzo
Entre as actividades do día, a primeira programada será diferente á dos días previos, a "Historia de Trasgos" na alameda Carabela A Pinta ás 12 h. Quince minutos despois volverá o Tiro con Arco á praia de Ribeira .
As demostracións musicais da América precolombina realizaranse na alameda Carabela A Pinta ás 12:45 h, e a arte da Cetrería, novamente ás 13:15.
A xusta do Gran Torneo Medieval ocupará a praia Ribeira ás 16:30 h, o Terrario Exótico ás 16:45 no mesmo enclave do día anterior e un concerto de música antiga amenizará a capela do Convento (praza Pai Fernando) ás 17 h.
Para as e os máis pequenos tamén haberá unha sesión de Monicreques ás 17:30 nos Xardíns da Casa da Navegación. E ás 18 h repetirase a representación da "Arribada do Descubrimento".
As representacións completaranse coa teatralización do "A Odisea do Caballito" ás 19 h na alameda Carabela Pinta, e "Grimonios e Camaleón teatro" ás 20 h na praza do Concello, a cal pechará os actos desta edición 2018.
Para quen desexe a programación completa, pode obtelo a través desta ligazón. Ademais, o concello ofrece máis información de interese, como a Regata 525 Aniversario, o Ciclo de Conferencias, o Diario da Arribada ou o popular vídeo de promoción deste ano.