Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Goza das Cabalgatas de Reis este 2019 nas Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Goza das Cabalgatas de Reis este 2019 nas Rías Baixas

Melchor, Gaspar e Baltasar serán os protagonistas nestes dez percorridos pola provincia de Pontevedra este sábado cinco de xaneiro

03/01/2019
Reyes Magos

A cabalo, en tren, en vistosas carruaxes… sexa como for, As súas Maxestades os Reis de Oriente visitarán os municipios das Rías Baixas para saudar ás nenas e nenos, unha das citas do Nadal máis esperadas polas e os pequenos da casa. Aínda que algúns municipios xa adiantaron a chegada das Súas Maxestades, a maioría das cidades e vilas da provincia de Pontevedra celebrarán a tradicional cabalgata este sábado cinco de xaneiro pola tarde.

Aquí presentámosvos dez desfiles que percorrerán as rúas máis emblemáticas dalgúns dos municipios da provincia de Pontevedra.

Os espectáculos infantís como eixe temático da Cabalgata (Vigo)

A cidade olívica ten todo preparado para a chegada dos Reis Magos, que este sábado recibirán ás nenas e nenos da cidade ás 12:00 horas no Auditorio Municipal. Xa pola tarde desfilarán nas súas carrozas polas rúas da cidade nunha gran Cabalgata inspirada nos espectáculos infantís con representación circense, monicreques, maxia, pallasos e moito máis. Este Nadal Vigo converteuse outro ano máis no centro de todas as miradas pola súa espectacular iluminación do Nadal que recibiu preto de medio millón de visitas durante a ponte de decembro.

O itinerario será o habitual dos últimos anos. A Cabalgata partirá este sábado ás 18:00 horas da rotonda de Isaac Peral, continuará por algunhas rúas como García Barbón e Policarpo Sanz, e terminará na Porta do Sol, unha vez saudasen ás nenas e nenos vigueses polas rúas da cidade.

Cabalgata de Reis tradicional e recepción oficial (Pontevedra)

Como é costume nos últimos anos, As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerán xa de mañá as rúas de Pontevedra a partir das 10:45 horas desde a casa consistorial da Boa Vila. Michelena, Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira e Mugartegui forman parte do seu itinerario matinal. Tras saudar á corporación municipal ofrecerán unha recepción oficial a todas as nenas e nenos ás 11:00 horas no Pazo Mugartegui.

O percorrido real comezará a partir das 18:00 horas en José Malvar. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes nas súas carrozas, continuarán a ruta polas rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena e praza de España, finalizando na alameda pontevedresa.

Unha Cabalgata transfronteiriza (Tui)

A vila a beiras do Miño celebra este ano a décima edición da Cabalgata máis internacional da provincia de Pontevedra . A Eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir este sábado aos Reis Magos, que protagonizarán un ano máis unha cabalgata internacional que involucra aos dous municipios de España e Portugal. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Valença en tren ás 16:00 horas.

Unha hora máis tarde o percorrido comezará polas avenidas do Colexio Portugués, Miguel Dantas, rotonda da Trapicheira, Avenida de Espanha e a antiga ponte internacional – onde está previsto que cheguen sobre as 18:00 horas - , para continuar xa en Tui pola Avenida de Portugal, Martínez Padín e a rúa Augusto González Besada ata chegar ao paseo da Corredoira sobre as 19:00 horas.

Finalmente os Reis Magos achegaranse ata o Belén vivente instalado en Tui, diante do Palco da Música no Paseo da Corredoira, e procederán á lectura da mensaxe real, e alí recibirán ás nenas e nenos que desexen saudalos.

Recepción de los Reyes Magos en MugarteguiRecepción oficial no Pazo Mugartegui (Pontevedra)
Cabalgata de TuiCabalgata transfronteiriza (Tui)

As súas Maxestades aterran no Salnés

Os Reis Magos chegarán a Vilanova de Arousa en helicóptero e aterrarán ás 16:30 horas deste sábado na explanada de O Cabo. Ás 18:00 horas partirá o desfile polo centro da vila.

En Vilagarcía de Arousa, a cabalgata sairá ás 19:00 horas desde a chaira do Auditorio Municipal. Tras efectuar o percorrido tradicional, que continuará pola avenida da Mariña, e algunhas rúas como Conde Vallellano ou Alexandre Bóveda, ata chegar á praza Ravella. Finalizada a Cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán a todas as nenas e nenos no salón nobre do Concello.
Durante esta xornada tan especial, os Reis estarán acompañados por grupos de música tradicional, bandas de música, asociacións, colexios, e paxes que axudarán aos tres monarcas no seu labor.

Desfile real no Morrazo

Reyes Magos

A Cabalgata dos Reis Magos chegará a Moaña a partir das 17:00 horas con saída desde Mosqueira. O itinerario real percorrerá as rúas do centro, e ás 19:00 horas, As súas Maxestades farán unha recepción para as e os máis pequenos, que poderán gozar tamén de inchables e outras actividades.

Outra das alternativas na península do Morrazo é a de Cangas. A cabalgata de Reyes comezará ás 18:00 horas desde a rotonda da Lonxa para despois continuar o seu percorrido polo centro da vila. Ademais das tradicionais carrozas participarán varios colectivos de animación.

Melchor, Gaspar e Baltasar na Guarda

Este sábado cinco de xaneiro tamén se celebrará a Cabalgata dos Reis Magos na localidade da montaña máxica, na Guarda, onde se atopa Santa Trega. O desfile comezará ás 18:00 horas desde a Alameda, coas Súas Maxestades acompañados pola comitiva de paxes, ademais de contar coa animación dunha charanga. Os Magos de Oriente percorrerán a rúa Rosalía de Castro e a Rúa Galicia para finalizar a ruta na Casa dos Alonsos, onde recibirán ás nenas e nenos.

Danzas populares na Cabalgata de Ponteareas.

Os Reis Magos de Oriente ofrecerán unha recepción ás 12:00 horas na casa consistorial de Ponteareas. A partir das 16:30 horas a animación e as danzas de reis inundarán as rúas e prazas do centro e a Cabalgata comezará a partir das 17:00 horas. Finalmente, tras o desfile, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos de novo no concello ás 20:00 horas.

Os Reis Magos visitan O Deza (Lalín)

A chegada dos Reis Magos a Lalín estará precedida polos paxes reais, que recollerán as cartas das nenas e nenos do municipio. As súas Maxestades desfilarán polas rúas da localidade a partir das 17:30 horas. O desfile realizará o percorrido habitual polo centro do municipio e contará con animación musical.

Etiquetas: nadal, cabalgata, reis magos
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124