Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Disfruta de puestas de sol de película en Pontevedra, Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Goza dunha posta de sol de película nas Rías Baixas

Contempla o atardecer desde algúns lugares fermosos da provincia de Pontevedra como faros, miradoiros, montañas e praias

13/09/2018
Puesta de sol en A Lanzada Pontevedra

Múltiples artistas inspiráronse en paisaxes do ocaso. Nunha obra de Julio Verne, El Rayo Verde, Sam e Silb Melville inician unha travesía por diversos lugares na procura dese raio de luz. Segundo conta a lenda, a última luz que emite o sol antes de esconderse emana unha cor verde esmeralda cando o ceo está completamente despexado. A provincia de Pontevedra, onde poden contemplarse incribles atardeceres, pode ser o lugar perfecto para que os nosos dous personaxes atopen este raro fenómeno. Sexa así ou non, seguro que gozarían dunha posta de sol única.

Propoñémosche iniciar unha travesía pola provincia de Pontevedra e descubrir algúns lugares para contemplar as luces do crepúsculo. Faros, montañas, praias, miradoiros e mesmo bancos, son algúns dos escenarios desde onde contemplar as preciosas cores do atardecer.

Unha posta de sol no mar con vistas ás illas das Rías Baixas

Puesta de sol sobre Isla de Ons en Playa de Tuia, Marín, Pontevedra

A primeira parada lévanos ata unha pequena cala de rocas e area branca de Marín, Portocelo. Desde este areal de bandeira azul teremos un magnifica panorámica da ría de Pontevedra. Nesta mesma localidade mariñeira, continuando pola costa atopamos a praia d a Coviña, cunha fantástica instantánea cara á pequena illa do Santo do Mar. Cando a marea baixa pódese camiñar ata este pequeno illote.

No noso percorrido pola península do Morrazo en busca de fermosas paisaxes para contemplar o ocaso, a próxima parada lévanos ata Bueu. Desde a praia de Tuia, os últimos raios de sol inciden na illa de Ons, situada na entrada á ría de Pontevedra. Desde Cabo Udra, a vista recae sobre a preciosa illa de Ons. E a última parada en Bueu lévanos ata a praia de Lagos, tamén de bandeira azul. No seu miradoiro podemos gozar dunhas estupendas panorámicas á bocana da ría de Pontevedra.

Vistas de altura para contemplar o atardecer

Atardecer sobre el puente de Rande desde Redondela, Pontevedra, Rías Baixas

As paisaxes da provincia de Pontevedra ofrecen unha experiencia de beleza única. As vistas desde un miradoiro achegan unha perspectiva máis ampla que permite contemplar a grandiosidade destas belas paraxes. En Cangas, no cume do Facho, espéranos unha pequena construción circular do século XVII. Esta atalaia mostra unha magnífica panorámica, especialmente bela á tardiña, tanto das illas Cíes e os seus cantís como da illa de Ons. Moi preto de alí, as preciosas vistas da Caracola de Cabo Home ábrense ao océano Atlántico.

Desde a península do Morrazo trasladámonos a outra península das Rías Baixas, á do Grove. O seu punto máis elevado, o miradoiro de Siradella, é o mellor sitio para admirar a ría de Arousa e o océano Atlántico. Desde a costa a expedición afástase do mar. Entre fermosos vales que fixan a súa mirada á ría de Vigo e á ponte de Rande atopámonos co miradoiro da Peneda, en Soutomaior.

Senta e goza da paisaxe á luz do crepúsculo

Banco Playa de Censantes. Redondela con vistas a Isla de San Simón

En plena ría de Vigo, no municipio de Redondela atopamos o que algunhas e algúns denominan como o “banco máis bonito do mundo”. Este asento ofrece a aquela ou a aquel que o visita unha panorámica única á ría de Vigo, coa ponte de Rande e a illa de San Simón de testemuñas. Na praia de Cesantes, aínda que menos coñecido, hai outro banco que nos ofrece fermosas vistas á illa de San Simón e a súa enseada.

O seguinte banco lévanos ata a localidade de Sanxenxo, concretamente a un illote situado na unión das praias de Lapa e Area Gorda (Noalla). Situado en plena contorna da Lanzada, as vistas á súa ermida e o son de fondo das ondas forman parte dos atractivos de observar o ocaso desde este punto. Non moi lonxe de alí, en punta Faxilda hai outro banco con vistas ás illas Cíes, á Illa de Ons e á Punta de San Vicente, ademais dunha construción similar a unha porta que enmarca a panorámica cara ao océano.

As paisaxes do interior da provincia de Pontevedra tamén nos convidan a descubrir preciosos atardeceres. En Crecente, nas proximidades do miradoiro do Cruceiriño, un banco espéranos para facernos gozar dunha magnífica panorámica do val e os meandros do río Miño ao seu paso pola parroquia de Filgueira.

Cae o sol nas luces do Atlántico

Atardecer sobre el Faro Punta Cabalo en Illa de Arousa

Os faros, esas magnificas construcións cheas de historias de naufraxios e piratas, impóñense no litoral das Rías Baixas.

Nesta travesía na que perseguimos as mellores luces do ocaso viaxaremos ata A Illa de Arousa para visitar o faro de Punta Cabalo, con magníficas vistas á ría.

Outro gardián das costas trasládanos ata a península do Morrazo, concretamente ao municipio de Cangas , onde a vista desde o faro de Punta Robaleira está protagonizada polas illas Cíes.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124