Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - O Camiño Portugués pola Costa, aposta estrela de Turismo Rías Baixas en FITUR - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

O Camiño Portugués pola Costa, aposta estrela de Turismo Rías Baixas en FITUR

Turismo Rías Baixas sorprenderá cun caderno de viaxe que inclúe un elemento inédito en FITUR, e Teo Cardalda actuará na feira internacional cunha canción feita para a ocasión

17/01/2017

O Camiño Portugués pola Costa, que percorre 15 concellos da provincia desde A Guarda ata Pontecesures, será a aposta estelar da Deputación de Pontevedra na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se desenvolverá, desde mañá ata o venres, en Madrid. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, presentou esta mañá, acompañada polo delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, e alcaldes e outros representantes políticos de concellos polos que pasa a ruta, as distintas actividades e iniciativas que ten programadas Turismo Rías Baixas para promover o Camiño. O músico Teo Cardalda puxo a nota musical á presentación cunha actuación en directo na que cantou Un lugar en el mundo, un tema especial que compuxo  para a campaña do Camiño pola Costa e que interpretará en Madrid.

Carmela Silva subliñou, nos actos desenvolvidos no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e en Samil, en Vigo, que "o xoves Rías Baixas volverá sorprender en FITUR, porque o noso modelo de promoción turística quere ir máis aló, queremos transmitir unha imaxe vangardista, innovadora, rompedora, única; unha imaxe que, este ano, sen dúbida algunha, dará moito que falar".  A presidenta recordou que o eixe central da promoción do destino Rías Baixas este ano será o Camiño Portugués pola Costa, "un camiño que parte desde O Porto pola costa atlántica e conecta en Redondela co Camiño Portugués de Interior".

Silva tamén explicou as principais razóns polas que se escolleu este eixe de promoción para 2017, e recordou que "o Camiño pola Costa foi oficializado o pasado ano 2016, e precisa un impulso que contribúa ao seu maior coñecemento por parte dos nosos visitantes, porque estamos convencidas e convencidos de que debe converterse nun referente clave para o turismo na provincia de Pontevedra". Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra remarcou que "esta ruta ten unha achega moi singular: o mar e os concellos polos que transcorre".

Neste contexto, Carmela Silva fixo fincapé no protagonismo dos concellos nesta actuación de promoción que, a través do Camiño Portugués pola Costa, percorre 15 municipios da provincia (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures) e os aspectos relacionados coa súa cultura, patrimonio, historia, termalismo ou o medio ambiente.

Máis polo miúdo, Carmela Silva destacou os atractivos turísticos desta ruta "que ten no mar, no océano Atlántico, o elemento fundamental que a distingue do resto do Camiño e converte este percorrido nunha experiencia inesquecible". Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra mencionou "o patrimonio histórico dos quince concellos polos que transcorre a ruta; as tradicións ligadas ao mundo pesqueiro; a arqueoloxía, sendo un dos destinos con maior cantidade de xacementos galaicos e romanos: os castros do Trega na Guarda, da Cabeciña en Oia, de Valga, da Lanzada; ou os cascos históricos, como é o de Pontevedra, no que é un pracer pasear e integrarse coas súas xentes; o enoturismo e a cultura do viño, que tanto contribúen á desestacionalización do turismo e a gozar das augas termais e das súas propiedades, coma as de Caldas, calmar os pés nos mananciais termais, na fonte da Burga ou no lavadoiro termal a carón do Camiño".

Orixinal caderno de viaxe

Silva asegurou que todas estas experiencias formarán parte da promoción da Deputación de Pontevedra, e adiantou que se lles achegará aos asistentes un caderno de viaxe, "para guiar os pasos das peregrinas e peregrinos que se decidan a percorrer o Camiño pola Costa, no que terán espazo para escribir a propia experiencia que van vivindo, etapa a etapa; un caderno no que se desvelará, en Madrid, un elemento sorpresa e único do que tan só lles podemos adiantar que é inédito en FITUR, que é un xeito creativo, vangardista e único de dar a coñecer a nosa provincia, converténdonos, unha vez máis, nunha provincia innovadora, xa que ten que ver coas novas tecnoloxías, coa aposta que ten este novo Goberno da Deputación por transmitir unha imaxe vangardista da provincia".

Ademais do modo de promover o destino Rías Baixas, a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer a axenda para os vindeiros días en FITUR, centrada nun contacto permanente con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación, co obxectivo de transmitir os atractivos de Rías Baixas. Así, o día da inauguración oficial da feira, o 18 de xaneiro, a presidenta provincial manterá unha reunión, ás 11:30 horas, con representantes da Deputación de Xaén, no posto de Andalucía (pavillón 7), para abordar cuestións relativas á Ruta dos Íberos e Fenicios da Deputación andaluza, que entronca co proxecto que a institución provincial está a desenvolver cos castros. De feito, Carmela Silva informou que "hai estudos que sinalan que esta ruta iniciada en Xaén tiña moita relación coa nosa provincia, chegaba ata aquí". 

Nese mesmo encontro con responsables da Deputación de Xaén tamén se analizarán temas relacionados cos castelos, xa que, tal e como asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, "Xaén desenvolveu tamén un plan de usos para os castelos da súa provincia, como fixemos nós con Sobroso e Soutomaior, e queremos analizar vías de colaboración para promover estes elementos arquitectónicos".

Tamén o 18 de xaneiro, ás 13:30 horas, no posto de Turespaña (pavillón 9), a presidenta da Deputación de Pontevedra apoiará a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, na presentación que realizará da vila como Cidade Europea do Viño. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, a institución provincial participará na reunión "Sismotur: smart talk sobre tecnoloxía blockchain e aplicacións ao turismo", no pavillón 10.

Pola súa banda, o xoves, ademais da presentación do destino Rías Baixas, ás 12:00 horas, no posto de Turgalicia (pavillón 9), a institución provincial apoiará a Vigo na presentación que realizará das illas Cíes, e que continuará cun almorzo no Espazo Atlántico de Pepe Solla. Pola tarde, ás 16:00 horas, a Deputación de Pontevedra asistirá á presentación que a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados realizarán no posto de Turgalicia e, ás 16:30 horas, reunirase co director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI). Xa pola noite, ás 20:30 horas, representantes da institución provincial asistirán, na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles, á Noite Q 2017, na que se fará entrega da renovación do distintivo Q de Calidade para as oficinas do Palacete das Mendoza e do mosteiro da Armenteira.

Autobuses turísticos

A presidenta engadiu que, "como queremos ir máis aló, ter máis presenza e aproveitar as sinerxías que se xeran en Madrid no momento en que se desenvolve FITUR, con milleiros de persoas procedentes de todo o mundo que se dan cita na capital durante esta semana, ata finais de xaneiro un dos autobuses turísticos de dous andares de Madrid, que percorre a capital, estará rotulado cun vinilo coa imaxe de Turismo Rías Baixas do Camiño Portugués pola Costa". Neste contexto, Carmela Silva engadiu que "hai que estar alí onde están milleiros de persoas, para atraer, cada vez máis, un maior número de visitantes a Rías Baixas".

Xa para rematar, a presidenta da Deputación falou da música que acompaña as imaxes que Turismo Rías Baixas lle mostrará ao mundo en Fitur. A este respecto, Carmela Silva manifestou que "estamos tan orgullosos da nosa provincia, da súa creatividade, da extraordinaria cultura, da nosa música, que imos levar música galega a FITUR, música que se fai por homes e mulleres con gran presenza nacional e internacional coma Teo Cardalda, que leva a nosa provincia coa súa música por todo o mundo, e que compuxo un tema inédito que se vai presentar en FITUR e que se estrea hoxe en Pontevedra, titulado Un lugar en el mundo.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124