O Palacete das Mendoza inaugura a exposición "Comerás o pan ata que volvas á terra"
O artista Nilo Arias inaugura mañá no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, a exposición "Comerás o pan ata que volvas á terra". Comisionada por Francisco Porto (Latamuda Arte Contemporánea), esta mostra poderá contemplarse ata o día 24 deste mes.
En "Comerás o pan ata que volvas á terra" Arias toma como elemento artístico a terra, concretamente un residuo que a propia natureza sedimenta ao longo dos ríos, o lodo. Deste xeito, ao igual que acontece na propia natureza, o artista inicia unha procura incesante para atopar a esencia e a naturalidade do ser humano a través do valioso.
Para iso Nilo Arias recorre a un encontro continuo de transformación entre os diferentes lodos atopados na ribeira do río Tambre. Desta forma, o autor fai uso de elementos biodegradables que a simple vista son sinxelos e primitivos. Representa, así, unha transformación permanente entre o ser humano e a natureza, a terra e a auga.
Instalada na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, "Comerás o pan ata que volvas á terra" pode visitarse de luns a venres, de 8:00 a 20:00 h; os sábados, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h; e os domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h.