Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - O patrimonio e María Vinyals centran a campaña Somos historias en Fitur - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

O patrimonio e María Vinyals centran a campaña "Somos historias" en Fitur

Un curto rodado en 18 escenarios de Rías Baixas coa escritora como fonte de inspiración é o prato estrela

16/01/2018
Presentación Fitur 2018

O patrimonio como atractivo turístico baixo o lema "Somos historias"; e a figura da escritora María Vinyals, nacida no castelo de Soutomaior e namorada das Rías Baixas, a modo de fío condutor. A campaña que a Deputación de Pontevedra presenta este xoves na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) está xa a punto, e incluirá como prato forte unha curtametraxe rodada en 18 escenarios da provincia para mostrar ao mundo a riqueza material e inmaterial deste destino. Un percorrido visual coa actriz Patricia Torres como protagonista, e a figura de María Vinyals como nexo e elemento vertebrador.

"O vídeo deixará a todo o mundo impresionado", destacou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na comparecencia para anunciar a promoción, na que estivo acompañada do deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez. A Deputación tomou como punto de referencia que 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural á hora de definir a campaña,
–que terá continuidade con outras accións ao longo do ano–, e fará publicidade do legado natural, material e inmaterial da provincia en oito eixos.

A presentación exponse como un diálogo entre Carmela Silva, Patricia Torres (que exercerá de moderadora) e un arqueólogo da Deputación, quen conversará sobre María Vinyals, o castelo de Soutomaior que viu nacer á escritora, e o rico patrimonio da provincia.

O labirinto de Mogor, un dos máis antigos de Europa, será a imaxe da campaña ao longo do ano

Un dos eixos céntrase no patrimonio "fortificado" e ten como elementos estrela os castelos de Soutomaior e Sobroso, as fortalezas e torres históricas como a de Catoira. O "arqueolóxico" susténtase nos castros (Trega, O Facho, Alobre…); e o "paisaxístico" nos xardíns (pazo de Oca, Rubiáns, Soutomaior, Caldas de Reis ou Lourizán).

Somos historias
Somos historias

O eixo "literario" dará a coñecer a provincia como fonte de inspiración para grandes escritores como Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán ou Julio Verne; mentres que o "relixioso e espiritual" poñerá en valor os mosteiros e cemiterios singulares. O patrimonio "inmaterial" (mitos, lendas e tradicións); o "natural" (Illas Cíes, desembocadura do río Miño, complexo Umia-O Grove, serra do Candán e parque de Barosa ); e o etnográfico e cultural (museos) completan a oferta.

Escritora, activista e viaxeira incansable

A figura de María Vinyals (1875-1940) foi elixida como elemento vertebrador polo seu forte vínculo con este territorio, cuxa beleza eloxiou nos seus escritos. A aristócrata e articulista foi unha precursora da igualdade e viaxeira incansable, e entre os seus escritos deixou precisamente o primeiro traballo sobre a fortaleza pola que camiñou de nena. "Era unha gran namorada da nosa provincia e a través da súa figura poñeremos en valor todos os recursos e produtos vinculados ao castelo de Soutomaior, a súa historia e os personaxes que o ocuparon. Todos eles forman parte do patrimonio natural e cultural da provincia", apuntou a presidenta da Deputación na comparecencia.

A presentación exponse como un diálogo entre un arqueólogo, Carmela Silva e a actriz Patricia Torres sobre a escritora e o patrimonio

A imaxe da campaña sobre o patrimonio tomará como base un elemento patrimonial local pero de alcance universal: o labirinto. En concreto, o de Mogor (Marín), unha das estacións rupestres máis investigadas de Galicia, con presenza ademais noutras civilizacións ao longo da historia. O logo será presentado en Fitur e ao longo de 2018 promocionarase a provincia como un centro de historia, cultura, paisaxe e lenda.

O de Mogor é un dos labirintos máis antigos de Europa. Ademais, está relacionado co mito da Serpe e a aparición de elementos idénticos en puntos tan afastados como Norteamérica.

Oferta desestacionalizadora

"Con esta campaña que arrinca en Fitur presentamos unha oferta desestacionalizadora e de interese no mercado internacional, en liña coas directrices do Plan Estratéxico de Turismo. Ademais, completamos os produtos consolidados de sol, praia e gastronomía, dando a coñecer ás e aos potenciais turistas que ofrecemos moito máis", explicou Silva.

Somos historias
Somos historias

A provincia de Pontevedra posúe un singular e considerable patrimonio cultural e histórico, o que fai do territorio un lugar atractivo para aquelas persoas que fan das visitas culturais o motivo principal das súas viaxes de lecer. A presidenta da Deputación explicou que "as calidades propias do turismo cultural (preferencia do público nórdico e centroeuropeo, a realización de actividades como o lecer ou o goce gastronómico) "fan que esta tipoloxía turística teña un marcado carácter estratéxico para o noso destino".

Unha caixa con produtos gastronómicos elaborados con camelia e un caderno será o obsequio de promoción da campaña

A presentación da campaña "Somos historias" en Fitur , o xoves ás 12 horas, compleméntase cun obsequio de promoción ás persoas asistentes, que tamén estará presente en toda a campaña turística de 2018. Así, entregarase unha caixa que garda un caderno coa imaxe do castelo de Soutomaior, e produtos (galletas e nubes) elaborados en base á camelia, a flor que ten tanta presenza nos seus xardíns. Para iso a Deputación contou coa colaboración do alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra; o CIFP A Granxa de Ponteareas; e o IES Montecelo (tamén da cidade do Lérez), este último encargado das caixas e paquetes nos que se incluirán as galletas e nubes de camelia.

A Deputación apoiará ademais en Fitur as presentacións de Pontevedra (que dará a coñecer o Campionato do Mundo de Triatlon) e Vigo, que promove a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Ademais, a axenda inclúe unha reunión coa Asociación "Ruta dos Fenicios". Silva lembrou que en novembro a provincia de Pontevedra acollerá a asemblea estatal desta entidade e a Deputación foi elixida para liderar a promoción e difusión na fachada atlántica peninsular da importante "Ruta das Kasitéridas".

Difusión do destino en programas de televisión nacionais

Así mesmo manteranse encontros con axentes turísticos, e reunións con medios de comunicación especializados. Silva exemplificou que o programa Volando Voy, presentado por Jesús Calleja, está interesado en rodar en varias localizacións da provincia de Pontevedra tras o seu paso hai uns meses pola Illa de Arousa . Así mesmo, o espazo dos 2 Senderos del mundo ten en previsión gravar nas Rías Baixas.

Turismo Rías Baixas recollerá as tres "Q" que distinguen a calidade das oficinas do Palacete das Mendoza, A Armenteira e Peinador

"A campaña dará a coñecer produtos moi diferenciados, repartidos por toda a xeografía da nosa provincia, abrindo espazos de colaboración cos concellos e amparándoos baixo o paraugas da marca "Rías Baixas". Cuestións, todas elas, recollidas no Plan Estratéxico de Turismo", apostilou Carmela Silva.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124